A realidade alternativa

Enfermeiras Eventuais en Loita

Colectivo que nace en 2019 desde a área sanitaria de Pontevedra para difundir os problemas que afectan os profesionais da enfermería. Organizou a iniciativa # OPEnegra en contra a precariedade laboral no SERGAS. 

O Consello de Contas é un organismo independente que ten como obxecto valorar o estado da Administración Autonómica, é dicir, un ente que non depende de que no goberno da Xunta goberne un ou outro partido político.


Nesta ocasión, o “Informe de fiscalización da Responsabilidade Patrimonial do SERGAS” entregado ao Parlamento de Galicia a finais de xullo, constata que a temporalidade no SERGAS non é a que nos vendían desde a Consellería de Sanidade e desde a presidencia da Xunta de Galicia.


As palabras de Fernández-Campa, Xerente do SERGAS, en pleno uso das súas facultades, foron contundentes: “o 85% dos traballadores do SERGAS están en vínculos estables” e o propio presidente Feijóo no Parlamento de Galicia chegou a asegurar que “o 88% ten un nomeamento definitivo”.


A realidade que nos presenta o informe do Consello de Contas é abafadora no seu punto IV. 11.4. EFECTIVOS DE PERSOAL onde analiza a estrutura do persoal, con dous valores: prazas orzadas e número medio de efectivos.


O informe detalla que o persoal que ocupaba praza en propiedade representaba o 62,8% do total, moi lonxe do 88% que vendían os altos cargos da Xunta e do SERGAS.


Este punto constata que nos últimos anos experimentouse un incremento na contratación de persoal eventual en aras de estabilizar o plantel e detalla que o persoal que ocupaba praza en propiedade representaba o 62,8% do total, moi lonxe do 88% que vendían os altos cargos da Xunta e do SERGAS.



Como conclusión, o informe denuncia que os índices de temporalidade continúan sendo altos, 40% en Atención Especializada e 28,1% en Atención Primaria, observándose un incremento interanual dos mesmos.



El gerente del Sergas, Antonio Fernández-Campa

Fernández Campa, xerente do SERGAS

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE