O paro do transporte vai desinflándose en Galicia, indica o Goberno, aínda que a Plataforma manteno
A Plataforma Nacional Defensa Sector do Transporte indica que sige coa mobilización tras 16 días aínda que recoñece que as grandes empresas e moitos autónomos volveron a traballar "contra a súa vontade".
A Plataforma Nacional Defensa Sector do Transporte indica que sige coa mobilización tras 16 días aínda que recoñece que as grandes empresas e moitos autónomos volveron a traballar "contra a súa vontade".
As dúas semanas de paro deixan 14 detidos e a pesar das máis de 4.000 escoltas policiais
O transporte por estrada recupera a súa actividade "paulatinamente" en Galicia cunha caída da incidencia do paro no sector, de forma que o delegado do Goberno, José Miñones, espera que a normalidade se recupere ao "100%" na comunidade galega.
En declaracións este martes en Portomarín (Lugo), Miñones destacou que o "seguimento é moito menor" por mor do acordo do Goberno co Comité Nacional do Transporte por Estrada e tras as medidas anunciadas, de maneira que se está "recuperando a actividade do transporte" con "xornadas moito máis tranquilas".
ESCOLTAS A CAMIÓNS
Aínda que o Goberno mantén os convois policiais ás empresas que o piden, "rebaixouse o número de solicitudes". Ata o pasado luns, as forzas de seguridade do Estado realizara escoltas a 4.311 vehículos polas vías galegas.
Nesta liña, puxo en valor os 1.000 millóns que destinará o Goberno aos transportes, a rebaixa de 20 céntimos o litro de combustibles e as axudas directas por camión, "medidas que van permitir unha vez máis non deixar a ninguén atrás".
DETIDOS
En todo caso, o delegado lembrou que a Delegación do Goberno e as catro subdelegacións provinciais seguen en contacto con industrias e áreas empresariais así como infraestruturas de comunicación, como portos, para garantir o dereito daquelas empresas que optaron por seguir coa súa actividade.
Durante estas xornadas de paro, o Goberno despregou en Galicia un dispositivo integrado por 2.000 axentes da Garda Civil e de Policía Nacional. O balance de intervencións ata este martes eleva a 14 o número de detidos, así como 20 persoas investigadas. Ademais, outras 656 persoas foron identificadas.
Escribe o teu comentario