​‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ non se manifestará este marzo “nun exercicio de responsabilidade” por culpa do coronavirus

A plataforma anuncia que este mes de marzo por mor da influencia do coronavirus no sistema sanitario galego. Desta forma, aínda que Eventuais en Loita tiña programada a protesta, encadrada en ’12 meses 12 loitas’, este 12 de marzo non realizarán concentracións ante os centros de saúde e hospitais. 


|

A plataforma anuncia que este mes de marzo por mor da influencia do coronavirus no sistema sanitario galego. Desta forma, aínda que Eventuais en Loita tiña programada a protesta, encadrada en ’12 meses 12 loitas’, este 12 de marzo non realizarán concentracións ante os centros de saúde e hospitais.


Eventuais en loita

Protesta de Enfermeiras Eventuais en Loita


“Debido á alerta sanitaria causada polo coronavirus e tendo en canta o importante peso que temos e as nosas funcións na contención e tratamento do mesmo, facendo un exercicio de responsabilidades, renunciamos a convocar á nosa mobilización presencial e mensual do 12 de marzo”, anunciou a plataforma.


Con todo, desde Eventuais en Loita insisten que non renuncian ás súas reclamacións , que “seguen en pé” e que estas están influenciadas “pola proximidade das eleccións”. “Consideramos preciso lembrar o percorrido realizado e solicitar da Administración un compromiso en firme para darlle solución ás demandas iniciadas polo noso colectivo”, damandan.


“Denunciamos a opacidade dos datos de profesionais e resaltamos que a temporalidade na sanidade galega rolda o 40% do persoal, polo que a estabilización do persoal é imprescindible para ofrecer uns coidados de calidade”, recalca a plataforma, que reclama á súa vez o aumento do cociente enfermeira/habitante e “vontade e valentía” aos partidos políticos para mellorar o sistema sanitario. 


CAMPAÑA

Nese sentido, anuncian o inicio da campaña ‘Máis feitos e menos palabras’, que xa se atopa operativa desde esta semana con preguntas aos líderes das forzas políticas. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE