Galicia pasará do verán ao inverno nun día: unha caída de 15ºC en 24 horas trae neve este fin de semana

As máximas roldarán os 30ºC o venres e precipitaranse por encima dos 10ºC o sábado. O descenso térmico será anormal e acusado este fin de semana. 


|

El tiempo domingo
Cambio de temperatura coas máximas do venres á esquerda e as máximas e mínimas dle sábado á dereita | Foto: Aemet

Aínda que amenceu co ceo medio cuberto, como nas xornadas previas, o azul deixouse ver este xoves en Santiago de Compostela. Coas terrazas cheas e a sensación primaveral aumentará o venres, cando as temperaturas, que hoxe alcanzarán os 27ºC nas Rías Baixas (máis moderadas no norte, rozando os 20ºC), subirán até os 30ºC nalgúns puntos de Ourense, deixando un clima máis propio do verán que do 10 de abril. No entanto, ese respiro durará pouco, porque o inverno regresará en picado en cuestión de 24 horas: onde o venres eran 30ºC de máxima o sábado serán 14, unha caída de 16ºC dunha plumada e a previsión de que para o fin de semana espéranse mesmo nevadas nalgúns puntos do país. 

 

 

DO VERÁN Ao INVERNO

Tanto a Aemet como Meteogalicia falan dun "acusado descenso térmico" que afectará a toda a península, non soo á comunidade galega, deixando episodios de choiva, vento e neve para o fin de semana. A anomalia, en realidade, vivirase o venres, con valores inusualmente altos e ceos despexados, unha fronte de altas presións que convidará a moitos a gozar da praia na primavera.

 

 

Será, como dicimos, pasaxeiro, pois para o sábado precipitaranse tanto as máximas como a mínimas, que a alta montaña lucense ou o interior de Ourense quedarán ao bordo de temperaturas negativas. É aquí, en Ou Courel ou Manzaneda, onde podemos esperar precipitacións en forma de neve durante o domingo e xeadas tardías que, sen dúbida, serán un mazazo para moitos agricultores.

 

El tiempo domingo
Previsión de neve nalgúns puntos de Galicia o domingo pola tarde

 

A fronte fría desprazará por completo ao anticiclón desde o sábado e tamén deixará choivas intermitentes, especialmente intensas na madrugada do venres ao sábado e na mañá do sábado, sobre todo no bloque oriental. A inestabilidade atmosférica continuará o domingo e a previsión é que a próxima semana, aínda que se rexistrará un paulatino aumento do mercurio, os chuvascos serán unha constante até mediados de semana. 

A entrada desa masa de aire de orixe marítima polar porá a Galicia, ademais, en alerta por fenómenos costeiros, sendo amarela nas Rías Baixas e laranxa en toda a cornixa norte, desde Carnota até Ribadeo. 
 

Mapa de avisos
Foto: Meteogalicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE