Embarazada e 30 contratos para traballar 30 días seguidos de enfermeira do SERGAS

Reunión de Enfermeiras en LoitaA este respecto, unha dos seus portavoces, relata que  "ven casos verdadeiramente aberrantes".


|


A Xunta logrou tranquilizar, por agora, as mobilizacións en Atención Primaria e os PAC, pero non así en enfermería.  En todos os hospitais do SERGAS están convocadas este luns ao mediodía concentracións contra a enorme precariedade desta profesión.


Convócaas  Enfermeiras en Loita, dentro da súa campaña "12 meses, 12 loitas". Nesta ocasión o colectivo pon énfase na conciliacion da vida familiar e laboral, destancado que moitas enfermeiras teñen dificultades para ser nais debido ao inestable da súa carreira, o que contribúe ao alarmante envellecemento de Galicia.



Enfermeiras en loita reuniu00f3n
Reunión de Enfermeiras en Loita


A este respecto, unha das seus portavoces, relata que  "ven casos verdadeiramente aberrantes".  Díaz detallou un caso concreto, en declaracións recollidas por Radio Galicia: "temos unha compañeira que encadeou 30 contratos, é dicir, 30 días de xornada laboral sen ningún descanso, e cada un deses 30 contratos dun día; é dicir, todo un mes asinando contratos dun día sen ningún descanso e estamos a falar dunha profesional embarazada".


PROPOSTAS CONTRA A PRECARIEDADE NO SERGAS

A asociación é consciente que a eiva  da temporalidade non só aféctalles a elas. Así, acaban de facer unhas propostas "totalmente extensibles á totalidade das categorías do Servizo Galego de Saúde".


Entre esas propostas destaca "converter inmediatamente en prazas de persoal estrutural todos os postos que foron desempeñados de maneira eventual durante máis de dous anos", poñendo fin a prácticas de contratación "alegais e abusivas".





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE