Enfermeiras Eventuais en Loita solicita aos sindicatos unha "mobilización a nivel autonómico"
Enfermeiras Eventuais en Loita, o colectivo que está detrás das continuas protestas destas especialistas nos últimos meses, entende que é necesaria "unha mobilización a nivel autonómico pola Sanidade Pública Galega".
Enfermeiras Eventuais en Loita, o colectivo que está detrás das continuas protestas destas especialistas nos últimos meses, entende que é necesaria "unha mobilización a nivel autonómico pola Sanidade Pública Galega". Así o argumenta nunha nota de prensa que resume da súa reunión de onte con varios dos principais sindicatos do sector.
Por agora descoñécese a resposta dos seus interlocutores: CCOO, CIG, CSIF, PROSAGAP, SATSE e UXT. Hai que lembrar, iso se, que unha folga a nivel galego en Atención Primaria foi convocada non hai tantos meses, para ser despois desconvocada polos principais sindicatos, argumentando que había que dar unha oportunidade ao plan presentado pola Xunta.
Enfermeiras Eventuais en Loita protestando tras o exame das oposicións deste ano
As Enfermeiras entenden que a "depreciación da sanidade pública", a "falta de transparencia" e a "precariedade laboral" no SERGAS xustifican unha protesta a nivel galego.
A súa proposta pasa por agora por crear unha mesa de diálogo formar para "axuntar posturas, implicar a toda a cidadanía e conseguir que a sanidade pública volva ser algo do que sentirnos orgullosos".
Escribe o teu comentario