​A enfermería galega: unha loita viral e tinguida de negro

As enfermeiras eventuais do SERGAS denuncian as súas condicións en vésperas das oposicións de enfermería no Sistema de Saúde galego cunha campaña viral e animando ás “precarias” a vestirse de negro en sinal de protesta. 


|

As enfermeiras eventuais do SERGAS denuncian as súas condicións en vésperas das oposicións de enfermería no Sistema de Saúde galego cunha campaña viral e animando ás “precarias” a vestirse de negro en sinal de protesta.


Enfermeiros en loita puu00f1pechar puu00f1ou pechado


Poucas figuras galegas, xa pertenzan ao mundo da política, a televisión ou a música, son alleas á precariedade dos enfermeiros e enfermeiras da sanidade en Galicia. E non porque lles toque de preto (que tamén), senón porque a campaña que iniciou o movemento ‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ logrou unha adhesión sen precedentes por parte dalgunhas das caras máis reconocibles do país.


“No pasado dixéchesme que a túa vida dependía dunha chamada de teléfono cada mañá. E entón estabas a traballar nas urxencias dun hospital, pero logo o meu pai dixo que che viu nun centro de saúde, o meu irmán que estabas nunha ambulancia…”. A historia nárraa o xornalista galego Gonzo, que agora será o encargado de conducir o programa ‘Salvados’, pero esta é a realidade dunha infinidade de profesionais da sanidade galega que, a base de fincar os cóbados e ir superando oposicións, ven obrigados a ir encadeando substitucións por falta de prazas, pendentes dunha chamada que lle diga onde van poder desenvolver a súa profesión ao día seguinte.




Como o xornalista, son moitos os rostros coñecidos que se sumaron á causa. Actores de prestixio como Luís Tousar, Tamar Novas ou Sabela Arán, humoristas e actores como Carlos Blanco ou Xosé Touriñan, estrelas da música como o grupo Dakidarría ou Roi Méndez, o medallista olímpico Cristian Toro ou orquestras como a Paris de Noia así como membros de Panorama sumáronse á protesta cos seus vídeos de apoio.










Ademais, políticos como o alcalde da Coruña Xulio Ferreiro, a deputada de En Marea Eva Solla, Ángela Rodríguez, membro do Congreso dos Deputados na anterior lexislatura, o deputado do PSdeG no Parlamento de Galicia Abel Losada, a deputada de En Común-Unidas Podemos Yolanda Díaz, a número dous de Unidas Podemos Irene Montero ou a portavoz nacional do BNG Ana Pontón deixaron de lado as súas siglas e a cor dos seus partidos para mostrar o seu apoio total á loita e reivindicacións do colectivo.






“EN LOITA E DE LOITO”

Para identificar os membros do colectivo, nas oposicións deste domingo 12 de maio en Silleda a cor predominante será o negro. Entre as máis de 8.800 persoas chamadas ao exame unha gran marea negra tinguirá os pupitres do recinto feiral de Silleda en busca de permanecer nas listas de contratación ou conseguir unha das 830 prazas que oferta a sanidade galega. Con todo, e aínda que desde a administración negan que a situación sexa tan desfavorable para o sector, desde o colectivo reclaman que para cubrir as necesidades reais do SERGAS faría falta un concurso con 2.000 prazas.


Este domingo iremos de negro para demostrar que estamos en loita e de loito”, afirman no sector como berro de guerra, que en redes sociais identifícase co hashtag #OPEnegra. Agora é momento de que chegue o cambio que todos eses profesionais ansían. E os que mandan xa non lles vale a escusa de que non se decataron. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE