​'Enfermeiras Eventuais en Loita' programa unha "luctuosa protesta" o 11 de outubro

Desde o colectivo fan un chamamento a todos os profesionais de enfermería, así como aos pacientes e demas persoal dos hospitais galegos a manifestarse vestindo a camiseta da plataforma ou con roupa negra o próximo 11 de outubro ás 12 horas en fronte dos distintos hospitais de Galicia.


|

Desde o colectivo fan un chamamento a todos os profesionais de enfermería, así como aos pacientes e demas persoal dos hospitais galegos a manifestarse vestindo a camiseta da plataforma ou con roupa negra o próximo 11 de outubro ás 12 horas en fronte dos distintos hospitais de Galicia.


Concentración de 'Enfermeiras eventuais en Loita', con participación das deputadas do PSdeG Patricia Otero e Ana Prieto.A plataforma pide unha manifestación de negro para o día 11 de outubro


A plataforma 'Enfermeiras Eventuais en Loita' encadra a mobilización no movemento '#12meses12loitas'. Do mesmo xeito, propón que o persoal que non poida acudir á protesta por atoparse traballando leve consigo un lazo negro en sinal de apoio.


"Nesta ocasión levantamos a voz para reclamar transparencia administrativa e instamos á Administración a que, con carácter urxente, poña en marcha un mecanismo fiables, dinámico e áxil para coñecer os datos reais sobre a totalidade dos e as profesionais do SERGAS", expón o colectivo.


TRANSPARENCIA

O fin da protesta é "coñecer con exactitude o estado real da totalidade do cadro de persoal de Enfermería" no Servizo Galego de Saúde. Para iso, o mecanismo debe ofrecer publicacións e actualizacións en tempo real para o "persoal aspirante dispoñible" que detalle o tipo de contrato, o servizo que desempeñará e a duración do mesmo.


Ademais, o colectivo reclama, entre outras medidas "listas de formación de áreas especiais visibles e transparentes no FIDES" así como o "rexistro automático nas aplicacións administrativas da hora exacta na que se acepta o contrato, a quen se lle adxudica e que esta información sexa accesible para todos os aspirantes á mesma categoría".


Con estes cambios, desde o sector esperan lograr "unha sanidade pública galega de calidade", por iso chaman a sumar forzas para "loitar xuntos" por ese obxectivo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE