​Un manifesto para denunciar as condicións laborais da enfermería galega: “escravizados e sen dereitos”

Os enfermeiros e enfermeiras de Galicia ven sometidos por parte do SERGAS a unhas condicións laborais abusivas, e así o denuncia o documento redactado por Enfermeiras Eventuais en Loita, colectivo formado por máis de dez grupos locais da área sanitaria da comunidade. 


|

Os enfermeiros e enfermeiras de Galicia ven sometidos por parte do SERGAS a unhas condicións laborais abusivas, e así o denuncia o documento redactado por Enfermeiras Eventuais en Loita, colectivo formado por máis de dez grupos locais da área sanitaria da comunidade.


Eventuais en loita


Protesta de Enfermeiras Eventuais en Loita


No documento faise fincapé na falta de garantías que ofrece a día de hoxe a sanidade galega e ao precariedade laboral presente en todo o sector.


O documento pon de manifesto a imposibilidade de conciliar o traballo coa vida familiar ou as trabas para poder gozar de vacacións ou permisos, subliñando así a falta de estabilidade en canto a horarios e datas que sofren todos os profesionais médicos.


Do mesmo xeito, denuncian as ameazas de penalizacións nas listas de contratacións. Así, os enfermeiros e enfermeiras din sentirse “escravizados e sen dereitos”, un sentir que abarca a miles de traballadores que non gozan de contratos estables.


Por último, reivindican unha sanidade “pública, universal e de calidade” como un elemento “básico e fundamental” do Estado do Benestar.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE