empresas

O ano deixa en Galicia máis emprego indefinido e menos temporal

A comunidade galega é unha das catro nas que sobe o emprego asalariado indefinido no último ano mentres baixa o temporal, segundo o VI Monitor Adecco de Ocupación en Galicia.

ENCE mantense firme na súa decisión con prescindir do transportista que agrediu a un ciclista


A empresa madeireira non dá marcha atrás na súa decisión e emite un comunicado no que afirma que seguirá sen permitir o acceso ás instalacións ao camioneiro que agrediu cun martelo a un ciclista o pasado outubro. 

A ONCE deixa 100.000 euros en Lugo a semana dos seus 80 aniversario

A entidade cumpre o próximo 13 de decembro 80 anos desde a súa fundación.

Galicia, terra prometida para as empresas

Máis de 1.600 empresas cambiaron o seu domicilio social na última década para fincarse na comunidade galega, segundo os datos da axencia Axesor.

Unha aplicación galega permite aos máis pequenos falar con Papa Noel

A app permite aos maiores ocultarse detrás da identidade do lendario personaxe do traxe vermello para manter viva a ilusión dos nenos.

Viaqua lidera unha unión de empresas para mellorar a xestión eficiente da auga

A compañía intégrase nun consorcio formado por pemes e grandes empresas co obxectivo de desenvolver unha solución integral para a monitoraxe en tempo real de consumo humano. Deste xeito garántese a xestión eficiente e a protección dun recurso vital como é a auga.

As opcións que ofrece Endesa para manter As Pontes

A enerxética presenta unha folla de ruta con investimentos para o mantemento da central das Pontes e rebaixa de emisións. Do mesmo xeito aposta por manter as nucleares en operación "a longo prazo".

Naturgy pecha o terceiro trimestre cun beneficio neto de 877 millóns

A compañía mellorar os resultados recorrentes cun incremento do 10% no EBITDA.

Ferrol, capital da innovación empresarial por uns días

A cidade departamental collerá o próximo 13 de novembro un encontro de axentes de deseño de toda España. A reunión buscará o intercambio de coñecementos sobre a súa aplicación á innovación empresarial, nunha xornada organizada pola Consellería de Economía que se celebrará no CIS Galicia.

250 traballos de Noa Madera pendentes do ERE e Inditex

"O ruído do ERE seguro que lles chegou a Inditex”, declara a Galiciapress María Placios, secretaria xeral de UGT-FICA. O concello de Fene, onde se sitúa Noa Madeira Creativa, mostra no pleno o seu apoio total aos empregados e ao comité, sobre a que planea a posibilidade dun ERE. Malasa, propietario da empresa, ten a Inditex como o seu principal cliente, pois lle fai o mobilario.

“Está a pagarse antes a acredores que a traballadores en Hermanos Carrajo”

A CIG reclama o pago da nómina dos 50 traballadores que compoñen a empresa. Os salarios corresponden á etapa posterior á entrada da empresa de construcións no proceso concursal no que se atopa.

José Montes (Feiraco): “Cremos que todo o leite é igual e non é así"

José Montes, presidente de Feiraco, atende a Galicia Press para facer un repaso aos 50 anos de vida da compañía, falar dos novos modelos de mercado, do controvertido prezo do leite e da entrada dos mozos dentro do sector primario.

Paros indefinidos na empresa GRI Towers Galicia do Carballiño

Os empregados demandan "melloras laborais" e tanto CCOO, UXT como a CIG apoian a convocatoria das mobilizacións.

“Inditex antepón os beneficios á saúde das traballadoras"

Os empregados de Lefties denuncian a súa situación laboral e que Inditex non fai nada por poñer solución ao inasumible volume de traballo ao que se enfrontan. As caixas de autocobro tamén están a afectar ao persoal das tendas.

Galicia foi a comunidade con menos creación de empresas en agosto

O número de novas sociedades mercantís baixou un 20,7% en agosto en Galicia respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata sumar 237 empresas, a máis baixa do Estado. Ao seu vezlas disolucións reducíronse un 17,3%.

Obreiros portugueses en Galicia: “unha vulneración de dereitos que roza á escravitude”

En declaracións a Galicia Press, o Secretario Nacional da Federación da Construción e a Madeira pola CIG, Plácido Valencia, debulla a precariedade laboral na que viven moitos traballadores da construción, tanto portugueses como galegos. 

As patacas Bonilla, primeiro aperitivo co selo de calidade Gastro Quality Taste

A empresa ofrece desde o pasado mes de maio un servizo de repartición na área da Coruña, e leva churros, chocolate, café, gusanitos e, por suposto, patacas fritas a domicilio en a cidade herculina

Gas Natural Fenosa inaugura este venres o seu terceiro centro de atención ao cliente na Coruña

Gas Natural Fenosa reforzará o servizo de atención aos seus clientes residenciais e pequenas e medianas empresas (pemes) na cidade herculina coa apertura este venres do seu terceiro centro, segundo informa.

Gas Natural Fenosa redefine a súa estrutura organizativa para dotar aos negocios de maior autonomía

A nova xestión de Fenosa, segundo explicaron nun comunicado, dota ás unidades de negocio de "plena responsabilidade no seu ámbito de actuación", adecuando a organización "ás necesidades da compañía". 

Denuncian despedimentos "ilegais" de "falsos autónomos" en Coren, Frigolouro, Grupo SADA e Novafrigsa

CCOO censura que sucede tras a resolución emitida por Inspección de Traballo na que se obrigaba a dar de alta en réxime xeral aos empregados


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE