O ano deixa en Galicia máis emprego indefinido e menos temporal
A comunidade galega é unha das catro nas que sobe o emprego asalariado indefinido no último ano mentres baixa o temporal, segundo o VI Monitor Adecco de Ocupación en Galicia.
Galicia é unha das catro comunidades nas que sobe o emprego asalariado indefinido no último ano mentres baixa o temporal, segundo o VI Monitor Adecco de Ocupación en Galicia.
O número de asalariados fixos creceu en 34.700 persoas no último ano en Galicia (+5,7%), mentres que o de temporais ten un descenso de 3.100 (-1,3%).
A taxa de temporalidade rebaixouse ata o 26,8%, por baixo do 27,4% da taxa española. Se se compara o dato cos existentes antes da crise, a autonomía galega é a que máis reduciu a súa taxa de temporalidade desde 2008.
Con todo, o número de autónomos reduciuse en 8.400 prazas, un 5,7% menos. Entre os asalariados galegos, hai un avance de 27.000 persoas no sector privado e de 4.600 empregados no sector público.
Nos últimos 12 meses xeráronse empregos só en seis das 11 ramas de actividade que compoñen o mercado laboral galego, mentres en cinco destruíronse. A rama de enerxía conta cunha perda de 2.200 postos de traballo.
Escribe o teu comentario