Activo un incendio forestal na localidade lucense de Trabada
O lume deu comezo ao redor das 15:16 deste xoves e calcinou até o momento unhas 20 hectáreas

O concello lucense de Trabada rexistrou un incendio forestal activo na parroquia homónima, que, segundo as últimas estimacións realizadas pola Consellería do Medio Rural, supera as 20 hectáreas de superficie queimada.
O lume deu comezo ás 15:16 deste xoves e para o seu control mobilizáronse polo momento catro técnicos, seis axentes, nove brigadas, catro motobombas, tres pas, unha unidade técnica de apoio, seis avións e tres helicópteros.
Mentres tanto, segue estabilizado, desde as 12:16, o incendio de Avión, na parroquia de Nieva, que arrasou un total de 70 hectáreas. Para estabilizalo foron necesarios un total de catro técnicos, 22 axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, tres pas, dous avións e un helicóptero.
Escribe o teu comentario