Viaqua lidera unha unión de empresas para mellorar a xestión eficiente da auga
A compañía intégrase nun consorcio formado por pemes e grandes empresas co obxectivo de desenvolver unha solución integral para a monitoraxe en tempo real de consumo humano. Deste xeito garántese a xestión eficiente e a protección dun recurso vital como é a auga.

Este proxecto, que opera baixo o nome de ‘Trihsens’ e que está enmarcado no programa ‘CONECTAPEME 2018’, conta cun orzamento que supera os 875.000 euros. Encabezada por Viaqua, o consorcio conta con Syspro Enxeñería S.L.,Ayco Internet S.L. e Roca Roibás S.A.U. ademais da colaboración dos centros de investigación AIMEN e Cetaqua Galicia.
Do mesmo xeito, a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria apoian este proxecto, cofinanciado con Fondos FEDER no marco do eixo 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A Estación de Tratamento de Auga Potable do Tambre, propiedade do Ayutamiento de Santiago de Compostela, será o lugar onde se desenvolva este novos proxecto. “‘Trihsens’ acomete e alíñase cos niveis de innovación marcados polas novas directrices das políticas europeas, as cales fomentan o cambio cara a un enfoque de xestión que, máis aló de ser reactivo, sexa preventivo”, termina o comunicado de Viaqua.
Escribe o teu comentario