A ONCE deixa 100.000 euros en Lugo a semana dos seus 80 aniversario

A entidade cumpre o próximo 13 de decembro 80 anos desde a súa fundación.


|

A entidade cumpre o próximo 13 de decembro 80 anos desde a súa fundación.


Cupóns once


A sorte escolleu a cidade de Lugo para deixar 100.000 nos petos dun comprador do Cuponazo, correspondente ao sorteo celebrado o pasado venres 7 de decembro. O quiosco da Rúa da Raíña nº2 foi o encargado de levar a sorte a algún dos moitos compradores que cada día proban fortuna coa ONCE, que esta mesma semana celebra o seu 80 aniversario, xa que o día 13 de decembro a entidade sopra as velas correspondentes a oito décadas.


Para conmemorar o seu nacemento, a ONCE editou cinco millóns e medio de cupóns moi especiais, que mostran diferentes aspectos do seu labor social e evolución, xa que hoxe o Grupo Social ONCE emprega a 73.000 persoas, o 58% delas con discapacidade.


A ONCE sempre foi un organismo pioneiro que aspirou a cambiar a vida, nun principio das persoas cegas, e agora de todas aquelas persoas que sofren unha discapacidade. O propio comunicado emitido pola ONCE fai un repaso a eses logros, como a creación de “centros de formación pioneiros, como talleres, a Escola de Telefonía, o Centro de Formación Profesional ou a Escola Universitaria de Fisioterapia, que inician un traxecto cara á integración social e laboral, tamén das mulleres cegas. Nacen centros educativos, bibliotecas en formato braille e sonoro, ou servizos como o de rehabilitación, que forma aos novos mozos cegos para ser autónomos”.


Un dos cupóns do sorteo que celebra os 80 au00f1vos de a ONCE


“O 2 de xaneiro de 1984, o sorteo da ONCE pasa a ser nacional, os cupóns teñen catro cifras e os premios aumentan. O novo produto diario crece ao ritmo de “A ilusión de todos os días” –slogan da xa lendaria campaña publicitaria- que se coou en todos os fogares españois”, lembra a entidade, que desde entón non deixou de crecer e repartir premios. Agora, no seu 80 aniversario, a ONCE dedica o cupón do 13 de decembro a mostrar 80 anos de evolución, ilustrando os boletos con fotografías dos servizos sociais que a ONCE ofrece ás persoas cegas: cans guía, educación, acceso á cultura e ao emprego, sordoceguera, deporte, autonomía e accesibilidade, braille, voluntariado, etc. “O sorteo especial, baixo o lema “Celebramos ser parte da túa vida”, achégase á cidadanía con premios engadidos ao cupón a través da web www.Cupon80Aniversario.es onde se poden gañar tarxetas regalo e participar nun sorteo cuxo premio é unha viaxe de volta ao mundo para dúas persoas”, engade a ONCE na súa misiva.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE