“Inditex antepón os beneficios á saúde das traballadoras"

Os empregados de Lefties denuncian a súa situación laboral e que Inditex non fai nada por poñer solución ao inasumible volume de traballo ao que se enfrontan. As caixas de autocobro tamén están a afectar ao persoal das tendas.


|

Os empregados de Lefties denuncian a súa situación laboral e que Inditex non fai nada por poñer solución ao inasumible volume de traballo ao que se enfrontan. As caixas de autocobro tamén están a afectar ao persoal das tendas.


Lefties Cancelas

Mobilizacións dos traballadores de 'Lefties'


Lefties’,  a marca low-cost que ten o Inditex, atópase ao bordo do colapso. Os traballadores e traballadoras das tendas da Coruña ven desbordados polo volume de traballo que teñen e as súas denuncias por esta situación non son atendidas pola empresa. Carmiña Naveiro, traballadora de ZARA S.A. e membro da CIG, atendeu a Galicia Press para explicar as demandas e as medidas que tomasen os empregados de ‘Lefties’, que o vindeiro venres 26 de outubro teñen convocada unha mobilización para que atendan ás súas propostas.


Naveiro afirma que o que falla é “a dirección da empresa”. “Nos estudos psicosociais realizados desde o ano 2014, dos cales dispoñemos dos resultados do últimos catro anos, os resultados demostran que todo foi a peor”, lamenta Naveiro. “Recibimos chamadas a diario de compañeiros e compañeiras doutras tendas onde nos asinan que non dan abasto co volume de traballo que teñen”, xa que despois dos resultados arroxados polos estudos psicosociais a empresa realizou unhas medidas correctoras baseadas en recibir os camións tres días e repartir a mercadoría deses días en cinco días para que non se concentrase en só tres.


Con todo, o que fixo Inditex foi “aumentar o volume de mercadorías, polo que aumentou tamén a carga de traballo aínda que estivese repartida en cinco días”. “Hai traballadoras que pola alta carga de traballo víronse obrigadas a coller baixas de dous días” lamenta Naveiro, que denuncia que a empresa se escuda “en comparativas e en que segundo eles os números non dan, pero co diñeiro que gaña Inditex a nivel mundial non entendemos como non se lle cae a cara de vergoña por ter aos seus empregados nesta situación”. “Estamos a falar da seguridade e a saúde dos traballadores”, sentenza Naveiro sobre a inasumible carga de traballo.


CAIXAS DE AUTOCOBRO

Aínda que advirten que esta situación dáse en todos as firmas do grupo, a situación só mantense nos ‘Lefties’ da Coruña. “A empresa sabe e admite esta situación de carencia de persoal, pero non fai nada”, comenta a membro da CIG. Ademais, entre as súas demandas tamén está a retirada das caixas de autocobro que a empresa puxo “de forma unilateral” e “obviando o comité de empresa sen consultalo”. No caso da tenda do centro comercial de Marineda “hai once caixas de autocobro, igual que as catro que hai en Zara, e conseguimos que eliminasen tres, pero pedimos que retiren todas”.


“Non podemos permitir que unha empresa punteira como Inditex, que é modelo e que vende que non explota aos traballadores, explote aos traballadores de ‘Lefties’, que son de ZARA S.A, e que se apoie nas novas tecnoloxías para suplantar as maquinas por traballadores”, afirma Naveiro, que recalca que se está “utilizando aos clientes como traballadores nos labores de autoembolsar e en autodesalarmar as pezas” e só falta “que lles poñan agulla e fío para coser”.


FUTURAS MEDIDAS

Na última reunión, a empresa trasladou a súa negativa de meter máis persoal, de retirar a carga de traballo e de eliminar as caixas de autocobro. “Só pedimos algo que a empresa está obrigada a facer despois dos resultados dos psicosociais. Na última reunión esiximos a realización duns novos estudos psicosociais e a empresa díxonos que de momento non os vai a facer e encima non achega ningún tipo de medida para corrixir este risco que existe en todas as tendas da provincia da Coruña”.


Nas campañas de rebaixas ou de días cunha carga de traballo extra, a empresa non se molesta en buscar reforzos. “A empresa tenta alegar que cobre as ausencias en téndalas pero non é certo. Nós mesmos temos que chamar á empresa cando nos chaman das tendas pedindo socorro para que cubran as ausencias mínimas” di Naveiro, que tamén afirma que o número de vendas non se viu afectado por esta situación.


“Inditex antepon os beneficios á saúde dos traballadores das tendas. A empresa chegou a alegar que a culpa de todo é dos horarios dos traballadores e traballadoras de ‘Leffties’”, di Naveiro, á vez que anuncia que agora mesmo atópanse “á espera da resposta da inspección de traballo” para iniciar novas medidas, pero que van seguir “ coas campañas de mobilizacións” e que mesmo “non descartamos recoller firmas dos clientes e clientas”. Uns clientes que mostraron o seu apoio aos empregados. “Estamos sorprendidos mesmo polo apoio dos usuarios das tendas que nos dan todo o seu apoio e alucinan coas condicións ás que nos somete Inditex”, argumenta a membro da CIG. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE