ENCE mantense firme na súa decisión con prescindir do transportista que agrediu a un ciclista


A empresa madeireira non dá marcha atrás na súa decisión e emite un comunicado no que afirma que seguirá sen permitir o acceso ás instalacións ao camioneiro que agrediu cun martelo a un ciclista o pasado outubro. 


|

A empresa madeireira non dá marcha atrás na súa decisión e emite un comunicado no que afirma que seguirá sen permitir o acceso ás instalacións ao camioneiro que agrediu cun martelo a un ciclista o pasado outubro


Transporte de madeira


Non se pode xustificar de ningún modo un comportamento que a compañía rexeita firmemente”. Con esas palabras, ENCE mantense firme na súa decisión despois de que a Plataforma de Transportistas para a defensa do transporte de Madeira de Galicia e Asturias ameazasen con deixar de fornecer materiais á compañía se non readmitía ao compañeiro que apartou a madeireira o pasado outubro.


Ademais, a compañía asegura que o camioneiro suspendido é “reincidente” asegurando que en 2015 “agrediu a un empregado de ENCE”. “A compañía non se pode permitir o risco de que outro feito similar relacionado coa actividade da empresa volva suceder", sostén o comunicado.




Doutra banda, a empresa asegura que este cesamento non supón un impedimento para que o traballador “traballe para outras empresas, sendo o único condicionante que non acceda ás instalacións da compañía". “É da máxima importancia que a súa actividade empresarial non prexudique nin supoña risco para os afeccionados ao ciclismo", sinala o comunicado, que tamén insta a que todos os transportistas que traballen para ENCE “respecten estritamente as normas de circulación e mostren unha máxima atención aos ciclistas".

Do mesmo xeito, afea á Plataforma, á que acusa de defender “actitudes que van contra os valores cívicos, as boas prácticas e a ética no aprovisionamento de madeira". Para finalizar, a compañía destaca que prioriza “que "a seguridade das persoas, tanto empregados como colaboradores, así como das súas instalacións constitúe unha prioridade na súa xestión".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE