Naturgy pecha o terceiro trimestre cun beneficio neto de 877 millóns

A compañía mellorar os resultados recorrentes cun incremento do 10% no EBITDA.


|

A compañía mellorar os resultados recorrentes cun incremento do 10% no EBITDA.


Francisco Reynés presidente NaturgyO presidente de Naturgy, Francisco Reynés 


A enerxética Naturgy rexistrou un EBITDA (Beneficios antes de intereses, impostos, depreciación e amortización) recorrente de 3.248 millóns de euros, un 10% máis nos nove primeiros meses do ano, e un beneficio neto, en termos recorrentes, de 877 millóns, un 38% máis. Estes datos obtidos nos tres primeiros meses demostran a fortaleza do novo Plan Estratéxico 2018-2022 da compañía.


Así o sinalou Francisco Reynés, presidente da compañía, declarando que o terceiro trimestre é “o primeiro tras o lanzamento do noso Plan Estratéxico e os seus resultados avalan o compromiso do equipo executivo co seu cumprimento”. “Entre outros avances quero destacar a simplificación do goberno corporativo e da estrutura dos negocios e da corporación, o incremento do dividendo para os accionistas, o acordo alcanzado con Sonatrach en Alxeria, o lanzamento do plan de eficiencias, ou os investimentos de crecemento que se pecharon e que cumpren cos criterios mínimos de rendibilidade”, sinalou o mandatario.


A transformación estratéxica que experimentou a compañía no últimos tres meses reportou moitos beneficios e melloras á enerxética, como a redución do Consello de Administración, pasando de 17 a 12 membros, ou a creación dos comités globais: Opex e Capex, que contribuirán a unha notable redución dos custos operativos.


O comunicado emitido por Naturgy tamén sinala que “no que respecta á disciplina de investimento, cabe destacar entre outras operacións a adxudicación dun novo parque eólico en Australia á filial do grupo GPG e que significará un investimento de 166 millóns de euros. O desenvolvemento contará cunha potencia de 180 MW dentro dun acordo de compra de enerxía de 15 anos a unha tarifa regulada. O proxecto espérase que contribúa cun EBITDA de aproximadamente 22 millóns de euros ao ano unha vez estea en pleno funcionamento”, sinalando á súa vez que a compañía “ten previsto un crecemento da súa capacidade renovable en España de máis de 200 MW neste ano”.


Doutra banda, a compañía tamén fai referencia no seu comunicado á remuneración ao accionista, sinalando que “a compañía abonará un segundo dividendo a conta de 0,45€/acción con cargo aos resultados de 2018 o próximo 27 de novembro. Desta maneira, Naturgy ratifica o seu compromiso de retribuír cun dividendo total de 1,3 euros por acción con cargo ao exercicio 2018, un 30% máis que en 2017. A partir deste 2018 a compañía comprometeuse a aumentar un mínimo do 5% anual ata alcanzar os 1,59 euros por acción en 2022”.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE