O Centro de Coordinación Operativa (Cecop) constituído en Galicia durante o estado de emerxencia sanitaria polo coronavirus aprobou que os vehículos conten con máis dun ocupante naqueles desprazamentos por motivos de traballo dos sectores que poden manter a súa actividade, pero "sempre que se garanta a seguridade laboral" das persoas.
Mentres nas redes sociais moitos apuntan que o cargamento doado desde China xa se atopa en Galicia -concretamente en Arteixo, onde se atopan as oficinas do xigante téxtil-, outros sinalan que o materíal aínda non chegou a España.
Comisións Obreiras critica nun comunicado a postura da empresa Windar, á que sinalan de non ser pioneira en “precariedade e explotación”, polas medidas adoptadas en plena crise sanitaria, económica e social polo coronavirus.
Comisións Obreiras volve poñer de manifesto a situación en Narón dos traballadores da empresa Pull&Bear Loxística S.A., do Grupo Inditex, onde moitos seguen traballando a pesar da crise sanitaria.
Inditex asegurou que preservará todos os postos de traballo ante a situación xerada polo coronavirus, á vez que está a poñer ao dispor do Goberno toda a súa rede loxística e de provedores para incorporar material sanitario e de primeira necesidade hospitalaria.
A aerolínea, que xa no pasado ameazou con pechar algunhas bases en España, ten un dos seus centros mais importantes na capital galega. O ERTE planeado pola compañía para facer fronte ás perdas económicas provocadas polo estado de alarma e a crise sanitaria polo coronavirus afectaría a 1.500 persoas.
Isabel Fraga, que destapou o escándalo de acoso sexual no Corte Inglés de Santiago de Compostela, atende a Galiciapress para adiantar a súa intención de recorrer a sentenza anunciada esta semana polo Xulgado do Penal número 1 de Santiago, que absolve ao exjefe de planta do centro comercial, J.M.C.D., dos delitos de acoso sexual, abuso sexual e acoso laboral, a pesar de admitir os tocamentos á traballadora.
A crise sanitaria provocada polo coronavirus xa se fixo notar máis aló dos efectos que esta poida ter nos centros de saúde e a poboación. E é que as grandes compañías, como O Corte Inglés, xa empezaron a sufrir baixadas na súa facturación, o que obrigou á empresa para activar un “plan de axuste”.
Atópase realmente a cura do coronavirus nos laboratorios dunha empresa galega? Tanto se é así como se non, o certo é que a empresa xa sacou rédito da xogada. O anuncio da farmacéutica provocou unha escalada dos valores en bolsa da compañía, cunha subida das accións superior ao 16%. PharmaMar anunciou que conta cun composto terapéutico que está en fase de investigación para tratar o actual brote de coronavirus, denominado Covid-19, co propósito de confirmar o seu funcionamento en "cuestión de semanas".
A Seguridade Social pechou febreiro cunha subida media de 5.848 afiliados (+0,58%) en comparación co mes de xaneiro, ata situar o total de cotizantes 1.012.354 persoas. Este avance na Comunidade galega, que rexistra o mellor febreiro desde 2008, é algo superior á media estatal (+0,4%).
Como xa anunciara a semana pasada, o Ministerio de Traballo bota abaixo o artigo '52.d' do Estatuto de Traballadores, unha medida que será efectiva a partir de mañá e que poñerá fin aos despedimentos por baixas médicas acumuladas e xustificadas.
A UME e a empresa enerxética realizarán unhas manobras entre os días 19 e 21 de febreiro na ría de Noia. O exercicio conxunto buscará realizar unha operación para "a xestión dunha emerxencia ambiental provocada por unha vertedura de hidrocarburos como consecuencia dun choque de embarcacións".
A Fundación Bequal recoñeceu a Viaqua co titulo que o certifica como unha "empresa socialmente responsable coa discapacidade", ademais de estar "aliñada coa Axenda 2030 das Nacións Unidas e contribuír á consecución dun mundo máis responsable e sostible".
A compañía tomou a medida de suprimir dúas pagas anuais, o que supón un cambio no método de remuneración que ata o de agora viña percibindo o persoal da cadea de grandes almacéns.
A GSMA, asociación que organiza o Mobile World Congress (MWC), decidiu finalmente cancelar o evento, horas despois de asegurar que o salón se realizaría como tiña previsto