Podemos non se pecha á unidade a pactar con Sumar e outras forzas para as municipais en Galicia
Fontes da formación azamboada critican as formas da oferta lanzada por Paulo Carlos López e insisten que os militantes de cada municipio deben ser os que protagonicen os eventuais pactos.
Sumar Galicia lanzou publicamente unha oferta de alianza a outras formacións de esquerda para as municipais. Unha das interpeladas, a que en teoría ten máis tirón, Podemos Galicia, responde inmediatamente cunha mensaxe ambivalente.
Fontes oficiais da formación azamboada indicaron a Galiciapress que “estamos a favor dá unidade” pero piden “discreción” á hora das negociacións para non alimentar a sensación de polémica constante. É dicir, piden “non botar máis leña ao lume”, en referencia á guerra civil que se consumou no traumático divorcioen as Cortes estatais.
Desde Podemos Galicia argumentan que moita da a súa militancia xa comparte loitas sociais con militantes de Sumar Galicia e doutras formacións en aspectos como a sanidade ou a vivenda. Entenden que, por tanto, as posibles confluencias deben montar “desde a base” e non desde arriba como parece propor Sumar. Os azamboados entenden que deben ser os militantes en cada municipio quen tomen a iniciativa e o protagonismo de face a montar esas coalicións locais.
Está por ver que responden os outros interpelados por Paulo Carlos López, o líder de Sumar Galicia. A misiva foi dirixida a Anova , o partido nacionalista que confundó Xosé Manuel Beiras; Esquerda Unida, que comparte alianza con Sumar a nivel estatal e Verdes Equo.
Que propón Sumar Galicia?
López propón unha reunión que permita “abrir canto antes un espazo de diálogo político”. O obxectivo é estudar posibles pactos que faciliten candidaturas conxuntas nos concellos galegos, especialmente nas cidades onde a fragmentación debilitou nos últimos anos á esquerda.
As cartas, dirixidas a Martiño Noriega (Anova), Isabel Faraldo (Podemos), Liño Costas (EU) e Néstor Vázquez (Verdes Equo), expoñen a necesidade de cooperar para evitar a dispersión do voto progresista. López subliña que as formacións implicadas son distintas pero “chamadas a entender”, e propón traballar nun acordo de mínimos que permita elaborar un Programa municipal común da esquerda galega transformadora, con criterios de participación “xustos e proporcionais” para conformar as candidaturas.
Candidaturas amplas nas cidades galegas
Dentro da súa proposta, Sumar Galicia aposta por reforzar os espazos municipalistas xa consolidados, como Ferrol en Común e Compostela Aberta, e por explorar novas fórmulas de coalición nas grandes urbes onde non existen estruturas unitarias. As cidades de Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra menciónanse como as principais onde podería impulsar unha candidatura conxunta que aspire a recuperar gobernos ou consolidar o peso da esquerda nas institucións locais.
López sostén que a iniciativa busca “blindar gobernos de progreso” ou propiciar “un cambio político” naqueles concellos con hexemonía do Partido Popular. Nesa liña, avoga tamén por establecer un apoio leal e efectivo ás candidaturas progresistas xa implantadas e con presenza institucional, citando exemplos como Noia, A Pobra do Caramiñal, Outes, Mondariz, Cambados, Monforte de Lemos, Ponteareas ou A Estrada.
Esta proposta de unidade se contextualiza na Conferencia Política Nacional que Sumar Galicia celebrará o 23 de maio.
Malos presaxios nas enquisas
As enquisas publicadas debuxan un escenario moi complicado para o espazo da esquerda á esquerda do PSOE en Galicia. Nas enquisas que regularmente publica 40db sobre as eleccións xerais con datos desglosados para Galicia, hai tempo que nin Sumar nin Podemos chegan ao 4%.
Con todo, militantes de ambas colaboran en candidaturas muncipalistas que teñen certo peso en Galicia, como Compostela Aberta, unha das patas que sostén o goberno local da capital do país liderado polo Bloque.
Escribe o teu comentario