​Viaqua reafirma o seu compromiso coa inclusión co Selo Bequal PLUS

A Fundación Bequal recoñeceu a Viaqua co titulo que o certifica como unha "empresa socialmente responsable coa discapacidade", ademais de estar "aliñada coa Axenda 2030 das Nacións Unidas e contribuír á consecución dun mundo máis responsable e sostible".


|

A Fundación Bequal recoñeceu a Viaqua co titulo que o certifica como unha "empresa socialmente responsable coa discapacidade", ademais de estar  "aliñada coa Axenda 2030 das Nacións Unidas e contribuír á consecución dun mundo máis responsable e sostible".


Suez 11 Selo Bequal Plus 2020




O título foi concedido á compañía e entregado a Asunción Martínez, Directora Xeral da auga de SUEZ en España, grupo de empresas ao que pertence VIAQUA. Luís Cayo Pérez, presidente da Fundación, foi o encargado de entregar o selo, nun acto en Madrid ao que tamén acudiron a Directora de Desenvolvemento Sostible e Equidade, Dulcinea Meijide, ou o Director de Organización e Recursos Humanos, José Susaeta, entre outros.



Martínez puxo de relevancia que uno dos valores da compañía é " a equidade e o respecto efectivo á diversidade", elemento que "forman parte dos principios orientadores da nosa actividade empresarial" en todos os ámbitos da organización. "Fomentamos unha cultura que garante a igualdade de oportunidades para todas as persoas", agregou.

Na mesma liña, Cayo Pérez manifestou que o conxunto de empresas do Grupo SUEZ “demostraron claramente o seu vocación de inclusión das persoas con discapacidade na súa estratexia de xestión, combatendo calquera tipo de discriminación".



"O certificado Bequal é unha fórmula de avaliación por un terceiro, que determina o grao de compromiso das empresas en materia de Responsabilidade Social Corporativa e Discapacidade en áreas esenciais como son a estratexia e liderado, a xestión dos recursos humanos, a atención en igualdade de condicións a toda a cidadanía ou a inclusión de cláusulas sociais nas licitacións públicas", explican desde a organización, que tamén advirten que as organizacións co selo "demostran o seu compromiso e contribución co cumprimento dos ODS, especialmente o ODS 8 sobre traballo decente e o ODS 10 sobre redución das desigualdades"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE