PSA anuncia o peche da súa planta de Vigo desde o vindeiro mércores polo avance do coronavirus

|

O grupo automobilístico PSA decidiu pechar as súas plantas de produción instaladas en Europa como consecuencia do aumento de casos de coronavirus. O peche farase ata o próximo 27 de marzo e de forma progresiva, co que a PSA/Citroën de Vigo pechará a partir do mércores.


Operario de ferraje da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo.
En concreto, en España, a compañía, que engloba as marcas Peugeot, Citroën, DS, Opel e Vauxhall, pechará a súa planta de Madrid desde este luns 16 de marzo; a de Zaragoza (Figueruelas) o martes 17; e a de Vigo o vindeiro mércores, 18 de marzo.

Ademais do avance de infectados polo virus en localizacións próximas ás fábricas, o grupo achaca a decisión ás interrupcións na subministración dos seus principais provedores e á caída "repentina" da demanda de automóbiles.

O peche das plantas de produción axustarase a un calendario xa programado. Ademais da fábrica de Madrid, este luns pechará a de Mulhouse (Francia), mentres que o martes botará o peche a de Zaragoza; as de Poissy, Rennes e Sochaux (Francia); Eisenach e Rüsselsheim (Alemaña); Ellesmere Port (Reino Unido), e Gliwice (Polonia).

O mércores, do seu lado, a compañía paralizará a súa actividade as factorías de Vigo, Hordain (Francia) e Mangualde (Portugal). Por último, o xoves, pecharán as de Luton (Reino Unido) e Trnava (Eslovaquia).

A multinacional automobilística explica que os equipos de xestión das plantas implementarán os respectivos procedementos de peche, que levarán a cabo en coordinación cos axentes sociais.

PSA afirma que, ata entón, o cumprimento destas medidas, que van máis aló das recomendacións das autoridades sanitarias, son "a mellor protección para previr a propagación do virus".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress