Primeira 'vítima económica' do coronavirus en Galicia: Hotusa Hoteis reduce persoal en Chantada pola baixada de reservas

O grupo hostaleiro Hotusa recoñeceu que se produciron despedimentos nas súas oficinas de Chantada (Lugo) e Madrid debido á caída no número de reservas ante a expansión global do coronavirus.

|

O grupo hostaleiro Hotusa recoñeceu que se produciron despedimentos nas súas oficinas de Chantada (Lugo) e Madrid debido á caída no número de reservas ante a expansión global do coronavirus.


Hotusa hoteis

Hotusa Hoteis 


A denuncia procedeu do sindicato CIG, que cifra o número de persoas despedidas nas oficinas de Chantada no último mes nun total de oito, cinco delas "coa escusa" do descenso de reservas pola crise do COVID-19.


Fuentes do grupo hostaleiro recoñecen a Europa Press que se ha prescidindo de "algúns postos de traballo" pero "nun número moi inferior" ao indicado pola central nacionalista, á que acusan de "ter unha fixación" coa empresa.

Así, sinalan que os traballadores dos que se prescindiu son aqueles que "se viron máis afectados" polas cancelacións e que "todos os contratos extinguidos eran eventuais ou a tempo parcial".

"Ningún dos traballadores tiñan ningunha vinculación con organizacións sindicais no momento de extinción", engaden fontes da dirección de Hotusa interpeladas por Europa Press.

"Esta decisión foi motivada única e exclusivamente coa finalidade de asegurar, ante a situación actual, os restantes postos de traballo do departamento afectado. Neste sentido, o proceso propagación do virus e as consecuencias a el asociadas en canto á evolución das reservas marcará a necesidade de adoptar ou non outras medidas", engaden.


DENUNCIA DA CIG

Para a CIG, Hotusa emprega a crise do COVID-19 como "unha escusa" que "aproveita" para "aplicar despedimentos moi seletivos, xa que afectan a persoas que a empresa vincula coa CIG".

"Hotusa pretende dar un paso máis nos seus prácticas represivas revestindo de obxectividade uns despedimentos que claramente teñen a finalidade de desfacerse dos traballadores que lle resulta máis molestos e dar un escarmento ao resto de compañeiros", remarca a central nacionalista nun comunicado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE