​(VÍDEO) Un surfeiro ourensán cóase no TOP5 de modelos do mundo na clasificación de models.com

Trátase de Anselmo Menéndez, un mozo de 25 anos nado na cidade auriense pero afincado na Coruña que se converteu cos anos nun dos modelos máis mediáticos do planeta.


|

Anselmo Menéndez, surfeiro, influencer e adestrador persoal, atópase 4º na clasificación de models.com.


A prestixiosa web considera a este ourensán, imaxe en campañas de Ralph Lauren ou Dolce & Gabanna entre outros, como un dos cinco modelos integrantes da súa famosa clasificación.


Anselmo

Anselmo Menéndez na súa conta de Instagram @ansesurf


As termas de Ourense teñen un novo competidor no que a fama e a elevar a temperatura da sala se refire. Trátase de Anselmo Menéndez, un mozo de 25 anos nado na cidade auriense pero afincado na Coruña que se converteu cos anos nun dos modelos máis mediáticos do planeta.


Os seus traballos para Ralph Lauren ou Dolce & Gabanna, así como as súas portadas en GQ ou Esquire, levantárono á elite do mundo, onde se abriu paso en pouco máis de tres anos. Menéndez, famosos tamén pola súa presenza en redes sociais como TikTok -conta con case medio millón de seguidores- ou Instagram -onde supera os 80.000 seguidores-, é coñecido pola súa paixón, o surf, e por ser adestrador persoal. Na súa conta de Youtube tamén sobe algunhas das súas aventuras. 



Con este percorrido, a web internacional models.com, “Biblia do mundo da moda”, ten a este galego en consideración, ao colocalo no 4º escalafón da súa clasificación, só por detrás do estadounidense Corrado Martini, o senegalés Mouhamed Niane e o tamén estadounidense Haatepah.


“Desde a súa axencia en Madrid, The Tribe Models, están a organizar o seu salto ao mercado americano, Anselmo fichou por unha importante axencia en Nova York, onde lle esperan en canto comece o novo ano”, sinalan no comunicado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE