Os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) reflicten un crecemento lento da economía galega no segundo trimestre do ano en comparación cos tres meses anteriores. O incremento rexistrado do PIB, de só o 0,3%, deixa o crecemento da taxa interanual no 2%, un descenso do 2,3% con respecto ás previsións.
Agosto bateu o record no referido ao gasto en pensións por parte da Seguridade Social, superando os 9.681 millóns de euros, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
Dos 313 municipios que compoñen Galicia 303 viron reducida a súa débeda por habitante na súa última lexislatura. Os grandes concellos víronse obrigados a apertarse o cinto e a débeda viuse reducida de forma considerable nestes catro anos, algo que non evitou que na maior parte dos grandes concellos da comunidade producísense cambios de goberno.
A caída das vendas a países como Francia (-18,1%), Italia (-25,1%), Bélxica (-41,2%) e Portugal (-9,7%), correspondentes ao mes de xuño, tamén tivo repercusión nas compras.
Galicia experimentou un aumento no prezo do aluguer sen precedentes nos últimos anos e algunhas grandes cidades superaron o máximo histórico no referido ao prezo de aluguer por metro cadrado. Galiciapress contactou con Fernando Encinar, xefe de estudos do portal Idealista, debulla os motivos desta escalada de prezos no que el considera “un proceso alcista” desde hai dous anos.
A venda da terceira construtora galega a unha multinacional asiática xera intranquilidade no municipio de Oroso pola repercusión que esta compra poida ter no municipio. O Concello da localidade, gobernado por Manuel Mirás, afirma que a operación “non supoñerá cambios no que respecta a a vinculación e á actividade” en Oroso.
Con unha pensión media de 718,20 euros ao mes, as mulleres galegas perciben un salario por hora 2,02 euros menor que os homes.
En Unións Agrarias sitúan o nivel de perdas en "máis de 300 hectáreas no caso de viñedo" e un "número alto, pero aínda sen fixar" en cultivo de horta. Os vinicultores e agricultores da zona viron como a auga e a saraiba acababa con parte ou directamente coa totalidade da súa produción. O máis afectados son os pequenos agricultores, con cultivos arrasados polas riadas.
Braga é a sede desta edición dos Xogos, un evento deportivo único en Europa polo seu carácter transfronteirizo e cultural a través do deporte e os valores que representan. Coa participación dos mellores deportistas mozos de 26 cidades galegas e lusas, o evento aspira a seguir unindo aos cidadáns ao carón e ao outro do Miño, o único capaz de separar realmente ás culturas de Galicia e Portugal.
O informe, elaborado por Feuga, servirá para construír o novo mapa de titulacións e completarase cunha segunda fase.
A plataforma incluirá nos seus estatutos o novo Código de Conduta“para aplicar políticas e estratexias que aseguren unha xestión dos recursos máis capaz, transparente, e axustada a principios e esixencias éticas”.