Universitarias da USC denuncian a presenza de “maltratadores” nas aulas de Filosofía

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago leva varias semanas inmersa nunha forte polémica por supostos casos de malos tratos e acoso machista. O conflito é especialmente noticiable porque os acusados non son profesores, senón estudantes.


|

Un momento de la concentraciu00f3n contra los presuntos acosadores en la Facultad de Filosofu00eda
Un momento da concentración contra os presuntos acosadores na Facultade de Filosía

 

Máis de medio centenar de alumnas e alumnos protagonizaron este mediodía unha sentada na Praza de Mazarelos. “Nesta facultade, hai maltratadores!” e “Fóra machistas, desta facultade!” foron dous dos berros máis coreados na concentración convocada polo colectivo estudantil Asemblea Filosofía USC.

 

 

 

As protestas tamén alcanzaron o interior das aulas. Alumnas interromperon  algunhas clases megáfono en man, denunciando a presenza de presuntos acusadores nos mesmos espazos que as súas vítimas.

 

Tamén se produciron incidentes en zonas comúns, como a cantina e un baño que comparten ambos os sexos.
 

As protestas están a pór nunha difícil posición aos profesores e á propia USC. Aínda que algún dos casos xa tivo percorrido xudicial, non hai sentenza firme que fixe, por exemplo, unha orde de afastamento. 
 

Por tanto, a Universidade non ten, en principio, base legal para impedir a asistencia a clase aos presuntos maltratadores, que teñen dereito á docencia tras abonar a súa matrícula. 


O problema complícase porque nalgún dos casos -hai queixas contra varios homes- o presunto acusador comparte non só curso, senón tamén titor e grupo de traballo coa suposta acosada.
 

Galiciapress púxose en contacto coa Universidade para plasmar o seu punto de vista pero non recibiu resposta ao peche desta noticia. Con todo, fontes da Facultade apuntan a que xa houbo algunha reunión entre as alumnas denunciantes e o equipo reitoral.

 

Equipo reitoral que está na pista de saída, pois en abril será sustituído polo da nova reitora electa, Rosa Crujeiras. Sen dúbida, o conflito de Filosofía será unha das primeiras tarefas a abordar pola nova Vicerrectoría de Estudantantado e Igualdade, que terá á fronte á profesora Lorena Añón Loureiro, da Facultade de Ciencia Políticas.

Pancarta de la movilizaciu00f3n contra el acoso en Filosofu00eda
Pancarta da mobilización contra o acoso en Filosofía


Non é a  primeira vez que a Facultade de Filosofía vese envolvida nunha polémica semellante. En 2022, a Asemblea Non Mixta de Filosofía denunciou publicamente o un alumno da facultade por suposto acoso cara a varias estudantes, incluíndo mensaxes persistentes.

 

As activistas indican que realizarán unha sentada cada martes ao mediodía -a de hoxe é a segunda- ata que a USC actúe e abandone o que entenden como "silencio cómplice" porque "non imos tolerar máis acoso, nin violadores, nin maltratadores nos nosos espazos".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE