​Os aeroportos galegos aguantan o tipo a pesar da competencia portuguesa

A proliferación de ofertas ao redor de voos baratos permitiu que os tres aeroportos galegos rexistrasen o pasado xullo máis de medio millón de pasaxeiros, experimentando un incremento tanto no número de viaxeiros como no de voos, coa excepción de Vigo-Peinador, que sae prexudicado na súa pelexa co aeroporto do Porto. 


|

A proliferación de ofertas ao redor de voos baratos permitiu que os tres aeroportos galegos rexistrasen o pasado xullo máis de medio millón de pasaxeiros, experimentando un incremento tanto no número de viaxeiros como no de voos, coa excepción de Vigo-Peinador, que sae prexudicado na súa pelexa co aeroporto do Porto.


Aeroportos

Lavacolla continúa sinedo o principal aeroporto galego


En total, 532.754 pasaxeiros circularon polos aeroportos galegos en 5.144 operacións segundo os datos facilitados por AENA, sendo Lavacolla o que levou máis da metade deses pasaxeiros, con algo máis de 302.000 viaxeiros. Isto supón un aumento do 13,7% no tráfico en comparación co ano pasado. Un aumento que tamén se reflicte nas operacións, un 6,7% máis que en xullo de 2018, e no transporte de mercadorías, cunha subida superior ao 5%.


En Alvedro a situación tamén esperta optimismo no sector das compañías aéreas e das empresas que brindan voos baratos e ofertas, cada vez máis recorridas polos viaxeiros á hora de planificar as súas vacacións e atopar os mellores destinos ao mellor prezo. Na terminal coruñesa o pasado xullo rexistrouse o maior tráfico da súa historia, con 130.069 pasaxeiros. Esta cifra supón un aumento do 11,1%  con respecto ao mes de xullo do ano pasado. Con 1.750 voos nos 31 días de xullo, Alvedro operou un 1,3% máis que o ano anterior.


A outra cara da moeda ofrécea o tráfico de mercadorías, con apenas 12,5 toneladas, case un cuarto menos das mercadorías transportadas nas mesmas datas do pasado ano.


O Porto GAÑA A PARTIDA A VIGO

A alegría nos aeroportos galegos non pode ser completa, xa que no sur de Galicia o aeroporto de Vigo enfróntase a dous duros competidores. Por unha banda Lavacolla, xa que a proximidade da capital galega ofrece aos viaxeiros unha alternativa moi sedutora á hora de elixir o aeroporto no que comezar as súas vacacións. Polo outro, o aeroporto do Porto, o Francisco Sá Carneiro, un aeroporto cunha maior cantidade de operacións e que ofrece moitos máis destinos que o seu homologo vigués.


A pesar destes hándicaps, o Peinador pechou xullo con máis de cen mil pasaxeiros, aínda que iso supón unha baixada do 14,2% con respecto ao ano pasado, rexistrando un 11% menos de operacións e unha perda do 87,5% do transporte de mercadorías.


Con todo, 2019 está a ser un ano máis que positivo para o conxunto de aeroportos galegos, xa que máis de 2 millóns de pasaxeiros transitaron polos seus terminais só no que vai de ano, con case 30.000 voos operados. Neste clasificación anual, Lavacolla volve estar na cabeza, con 1,6 millóns de pasaxeiros, o que supón unha subida do 5,6%. Alvedro anda preto do millón, con 777.213 viaxeiros que transitaron polos seus corredores. En cambio, Peinador, aínda que suma preto de 600.000 viaxeiros, baixou nun 4,1% a súa masa de pasaxeiros este ano.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE