Agosto deixa case 3.000 parados máis en Galicia e mantense por encima dos 150.000 desempregados

Os demandantes de emprego non ocupados son 2.626 máis que en xullo (+1,61%) pero 10.777 menos que o mesmo mes de 2018 (-6,12%)

|

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 2.899 persoas en agosto en Galicia en relación con xullo, o que supón un incremento do 1,92%, algo superior ao rexistrado pola media estatal, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.


O paro rexistrado en Galicia en agosto



En relación co mesmo mes de 2018, a cifra de desempregados descende en 10.604 persoas, o que representa unha caída do 6,45%, case o dobre da media, e o total sitúase en 153.820 parados na comunidade galega.

No conxunto estatal, o aumento en agosto en comparación co mes anterior foi en 54.371 desempregados, o seu maior ascenso neste mes desde 2010, cando aumentou en 61.083 persoas. Tras a subida de agosto, lastrado polo final da tempada turística, o volume total de parados situouse en 3.065.804 desempregados, o seu nivel máis baixo nun mes de agosto do últimos dez anos.


Dato paro




Por provincias, en Galicia, o maior repunte produciuse en Ourense, do 2,14%, con 366 desempregados máis, ata 17.467. Seguiulle Pontevedra, cun ascenso do 2,01%, en 1.186 persoas, ata 60.249.

Por baixo do 2%, cun 1,89% e un 1,42%, respectivamente, situáronse os incrementos da Coruña e Lugo, que contabilizan 1.142 e 205 desempregados máis, ata un total 61.412 e 14.692.


SOBE EN SERVIZOS, INDUSTRIA E CONSTRUCIÓN

Os 153.820 parados repártense na comunidade entre 90.483 mulleres e 63.337 homes. Por sector de actividade económica, subiu en 2.672 o dato en servizos, ata 105.630; en 287 na industria, ata 17.394; e en 41 en construción, ata 12.344.

Pola contra, reduciuse o desemprego en agricultura, en 98 persoas, ata 5.022; e no colectivo sen emprego anterior, en tres, ata 13.430. Este último grupo, o de parados sen emprego anterior, distribúese entre 4.562 homes e 8.868 mulleres.

Pola súa banda, o desemprego afecta a 8.994 estranxeiros na comunidade galega, a maior parte no sector servizos (5.111) e colectivo sen emprego anterior (2.229).

Os demandantes de emprego, 210.049, correspóndense con 27.819 ocupados, 16.814 que indican na súa solicitude condiciones especiais de traballo e 164.416 non ocupados. Estes últimos son 2.626 máis que en xullo (+1,61%) pero 10.777 menos que en agosto do ano pasado (-6,12%).


MENOS CONTRATOS

En canto á contratación, con 93.629 firmas, houbo unha caída de 27.469 contratos (-22,68%) en relación co mes anterior e tamén diminuíu, en 6.088 rúbricas (-6,11%) respecto a 12 meses atrás.

SS galicia


Por tipo, foron 5.763 indefinidos (un 28,02% menos que o mes anterior) e 87.866 temporais (o que tamén significa unha baixada intermensual, neste caso do 22,31%).

Deste xeito, no acumulado, con 719.437 contratos, o 91,9% son temporais (un total de 661.152) e o 8,1% restante, indefinidos (58.285).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE