HSBC Private Bank anunciou un plan de reaxuste que deixaría a 10.000 persoas sen o seu posto de emprego na entidade. Isto supoñería que a entidade británica recortaría ata un 4% do seu persoal, un movemento que xerou desconfianza nos mercados mundiais.
As medidas interpostas polo executivo de Donald Trump contra gran cantidade de produtos españois que se exportan ao mercado de Estados Unidos espertaron o “rexeitamento frontal” do Goberno de España, o que o levou a convoca ao embaixador norteamericano, Duke Buchan, para unha reunión.
O rei de España estará presente no evento económico e a súa figura será a que inaugure esta primeira edición do que promete ser un lugar de encontro de novas ideas e debate no sector empresarial.
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias catalogou como "estratéxicas" a só ás estacións da Coruña, Vigo-Guixar, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, a maioría delas consideradas de "interese comercial".
O organismo presentou en Santiago de Compostela o seu informe 'Guía para a captación de investimentos na área do Eixo Atlántico' no encontro que reuniu a máis de 60 alcaldes e técnicos das cidades que integran o Eixo.
A decisión de Endesa de clausurar a central térmica das Pontes polo uso do carbón como combustible para xerar enerxía deixa nas pavías a máis de 700 familias e a todo o emprego relacionado co abastecemento e transporte da enerxía xerada na térmica. O anuncio provocou que todos os actores implicados, desde as administracións ata os propios traballadores, puxéronse ao choio para tentar salvar o emprego da central.
O grupo destacou que o importe da operación é "moi atractivo" ao supoñer 7,3 veces o ebitda xerado polo grupo portugués nos últimos doce meses.
Nesta primeira edición tamén está confirmada a presenza de Cristina Gallach, Alta Comisionada da Axenda 2030 en España, Rebeca Grynspan, secretaria xeral da Secretaría Xeral Iberoamericana, Pablo Isla, presidente de Inditex, Susana Malcorra, exministra de Asuntos Exteriores de Arxentina, Steve Pinker, catedrático de Harvard e Antonio Vitorino, director xeral da Organización Internacional para as Migracións da ONU.
Desde a Xunta de Galicia puxeron en marcha a creación dun grupo de traballo operativo de carácter interdepartamental para avaliar o “posible” proceso de saída de Gran Bretaña da Unión Europea e os seus efectos e incidencia no sistema económico, industrial, produtivo de Galicia, pero tamén o seu impacto sobre os 15.000 galegos que residen nas illas.
Setembro arrinca cunha baixada xeneralizada das bolsas mundiais por unha serie de conflitos financeiros que xeran incerteza entre os investidores e as empresas, algo que servirá como previsión da saúde da economía europea neste final de ano.
Galiciapress contacta con profesionais da industria conserveira tras a crise sanitaria declarada pola Axencia Español de Seguridade Alimentaria e Nutrición, que puxo o foco sobre todo o sector por mor dos resultados positivos pola toxina botulínica na análise dunha lata de atún fabricada na compañía Frinsa do Noroeste. Esta situación pon en risco a economía galega, especialmente a da comarca de Barbanza, moi dependente das conserveiras e o marisqueo.
A proliferación de ofertas ao redor de voos baratos permitiu que os tres aeroportos galegos rexistrasen o pasado xullo máis de medio millón de pasaxeiros, experimentando un incremento tanto no número de viaxeiros como no de voos, coa excepción de Vigo-Peinador, que sae prexudicado na súa pelexa co aeroporto do Porto.
Os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) reflicten un crecemento lento da economía galega no segundo trimestre do ano en comparación cos tres meses anteriores. O incremento rexistrado do PIB, de só o 0,3%, deixa o crecemento da taxa interanual no 2%, un descenso do 2,3% con respecto ás previsións.
Agosto bateu o record no referido ao gasto en pensións por parte da Seguridade Social, superando os 9.681 millóns de euros, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
Dos 313 municipios que compoñen Galicia 303 viron reducida a súa débeda por habitante na súa última lexislatura. Os grandes concellos víronse obrigados a apertarse o cinto e a débeda viuse reducida de forma considerable nestes catro anos, algo que non evitou que na maior parte dos grandes concellos da comunidade producísense cambios de goberno.