A autopsia sinala morte natural como a causa do falecemento da muller achada no Porriño este venres
Trátase dunha muller de 53 anos de idade e, nun inicio, a Benemérita barallaba a posibilidade de que se tratase dunha morte violenta
Os resultados da autopsia da falecida este venres no Porriño determinaron que a morte se produciu de forma natural por unha hemorraxia interna no cerebro. Tras coñecer esta información, a Garda Civil, encargada da investigación, dá por pecho o caso, segundo informaron fontes da mesma.
Trátase dunha muller de 53 anos de idade e, nun inicio, a Benemérita barallaba a posibilidade de que se tratase dunha morte violenta. O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, tamén falou deste escenario e mesmo indicou que foi localizada "con signos de violencia".
A compañeira da falecida foi a que alertou da súa morte ao atopar o corpo da muller cando chegou a casa, segundo informou o alcalde, Alejandro Lorenzo. Ao parecer, ambas vivirían de aluguer nun piso compartido.
Escribe o teu comentario