​Felipe VI inaugura hoxe o I Foro A Toja - Vínculo Atlántico

|

O rei de España estará presente no evento económico e a súa figura será a que inaugure esta primeira edición do que promete ser un lugar de encontro de novas ideas e debate no sector empresarial.


Rey felipe

A súa maxestade o rei Felipe VIN


A I Edición do Foro A Toja - Vínculo Atlántico terá como primeiro mestre de cerimonias ao rei Felipe VI. A súa Maxestade será a persoa encargada de dar o pistoletazo de saída a este novo proxecto de debate e reflexión da economía, onde algúns dos principais actores do tecido empresarial nacional e mundial compartirán experiencias e novas ideas.


Desde empresarios e políticos ata expertos e académicos compartirán tres días nun lugar privilexiado como é o enclave arousán. Alí, os cambios geostratéticos, a situación política acutal ou as novas tecnoloxías serán os temas de debate entre os asistentes e os relatores do encontro, algúns tan ilustres como os expresidentes Mariano Rajoy e Felipe González, o acutal presidente en funcións Pedro Sánchez, ou Pablo Isla, presidente de Inditex.


O Foro, impulsado polo presidente do Grupo Hotusa, Amancio López, en colaboración con otrs personalidades do sector económico e financeiro, arrinca este xoves 3 de outubro, e clausurarase este sábado 5 de ocubre. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress