A Mesa lembra que o uso correcto para referir a localidades, territorios, núcleos de poboación ou vías de comunicación interurbanas é o que marca a lei.
Segundo expresa A Mesa pola Normalización Lingüística no seu comunicado, a Delegación do Goberno de España en Galicia prohibiu a manifestación do próximo 29 de setembro.
O rei de España estará presente no evento económico e a súa figura será a que inaugure esta primeira edición do que promete ser un lugar de encontro de novas ideas e debate no sector empresarial.
Nesta primeira edición tamén está confirmada a presenza de Cristina Gallach, Alta Comisionada da Axenda 2030 en España, Rebeca Grynspan, secretaria xeral da Secretaría Xeral Iberoamericana, Pablo Isla, presidente de Inditex, Susana Malcorra, exministra de Asuntos Exteriores de Arxentina, Steve Pinker, catedrático de Harvard e Antonio Vitorino, director xeral da Organización Internacional para as Migracións da ONU.