TVE defende o uso de 'La Toja' en vez do oficial 'A Toxa' e A Mesa reprende á canle pública: "É unha ignorancia grave"
A Mesa lembra que o uso correcto para referir a localidades, territorios, núcleos de poboación ou vías de comunicación interurbanas é o que marca a lei.
Hai uns días a Real Academia Española declaraba que o uso correcto para referir á localidade pontevedresa que fai as veces de retiro vacacional do rei emérito, fóra dos ámbitos oficiais, é 'Sangenjo'. 'Sanxenxo', a pesar de ser o topónimo oficial, e sempre segundo a RAE, queda reservado a ámbitos de carácter máis administrativo. Pois mentres aínda colea esta declaración, a defensora da audiencia de TVE respondeu as cuestións formuladas por unha espectadora que reprochaba á televisión pública nacional o uso de 'La Toja' para referir á illa de 'A Toxa'.
A TVE defende formalmente o uso de 'A Toja' por ser o oficial da Toxa, diante da queixa dunha espectadora. Desde A Mesa pola Normalización Lingüística consideran que este movemento pretende "facer pasar á illa arousá por un concello e obviando que, aínda que así fóra, o artigo 10 da LNL continúa en vigor".
A xuízo da plataforma en defensa da lingua, a TVE segue ignorando a lexislación autonómica e a xurisprudencia do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo ao respecto, a pesar de que a canle se parapeta no seu Manual de Estilo e que deben ser "especialmente escrupulosos" nese sentido.
"Cando se trate de localidades que posúen oficialmente dous nomes, un en castelán e outro na lingua cooficial, pero ningún foi cambiado mediante unha lei das cortes xerais, deberase empregar o máis utilizado pola audiencia, (si es o informativo nacional, débese usar o castelán) sen que se deba nomear cos dos nomes en paridade de valor", argumenta TVE.
CRITICAS DA MESA
Despois deste pronunciamiento, desde A Mesa diríxense directamente á defensora da audiencia "para informala a ela e aos servizos xurídicos da corporación pública sobre a lexislación aprobada fai case 40 anos, ademais da xurisprudencia do TC e do TS".
"Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega", reza a norma, que deixa sobre os ombreiros da Xunta "a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia".
Marcos Maceira, presidente da plataforma, reprocha a "ingnorancia especialmente grave" na que incorre o servizo público de televisión, "dependente do Estado e financiado tamén co diñeiro das galegas e galegos e que debe dar sempre información veraz".
"Queremos pensar que o uso interesado e errado que os servizos xurídicos e a propia defensora da audiencia fan da lexislación para argumentar a favor da deturpación toponímica non está baseada na mala fe, senón na ignorancia sobre todo canto ten a ver con Galicia, as nosas institucións, os cambios lexislativos operados fai case 40 anos e a xurisprudencia que as asentou", formula A Mesa, que carga contra a canle pública polo escasísimo espazo que dedica ao galego na súa programación.
Non é o primeiro conflito desta clase no que se ve inmerso A Mesa. O uso de 'La Toja' polo 'Foro La Toja' xa motivou queixas e protestas na ría de Arousa, mentres que o baile de nomes entre 'Ribadeo' e 'Ría do Eo' tamén motivou unha importante polémica.
Escribe o teu comentario