coronavirus

A Xunta nega que impedise a hospitalización de maiores con coronavirus, 132 morreron en residencias sen hospitalizar


Mandou a Xunta non ingresar en hospitais a pesonas maiores con dependencia severa e coronavirus? A Consellería de Política Social négao tajantemente, pese ao documento oficial que reza "exclusións: persoas con dependencia severa (grao II) e gran dependencia (grao III)" e a pesar de que 132 persoas morreron en residencias, sen ser hospitalizadas.

Repunte leve en Vigo, Santiago e Pontevedra; mínimas caídas de casos activos de coronavirus no resto de áreas

Unha área sanitaria que se situou como a que tiña menos casos, 15 onte, para subir hoxe ata 18, volvendo empatar con Ferrol. Vigo é a área sanitaria que máis repuntes puntuais está a sufrir.

Galicia ten todas as cartas para pasar a Fase 3: só 11 positivos en toda a última semana



Este venres o Goberno debería comunicar que autonomías entran en Fase 3. En teoría, Galicia debería pasar. Só diagnosticou 11 casos en sete días, o que sitúa a incidencia acumulada da comunidade como a máis baixa de España esta semana.

Os casos activos de coronavirus en Galicia caen por baixo dos 600 e Pontevedra menos de 20, segundo o SERGAS

Os datos arroxados polo Servizo Galego de Saúde esta xornada mostran unha caída considerable no número de casos activos en Galicia nestes momentos. Todas as áreas galegas -salvo Ferrol- ven aliviada a súa gráfica e todas caen por baixo dos 200 casos activos. O maior descenso prodúcese na área de Vigo, que viña sendo a máis afectada ata a data. A pesar de manterse como a que ten máis casos activos na actualidade, a área olívica ve reducidos os seus algarismos nas últimas 24 horas en 64 casos menos. En total son 109 casos menos en toda a comunidade. 

Dispositivo español xa é utilizado nos hospitais de Wuhan contra virus


A empresa barcelonesa Airtècnics desenvolveu un dispositivo de desinfección que promete ser unha das ferramentas que marquen a diferenza na loita contra a propagación da enfermidade. Polo menos nun hospital de Wunhan xa o está utilizando.

"Centos" de galegos non cobraron aínda un duro dos ERTEs, segundo o Colexio de Xestores Administrativos
O Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia denunciaron que se comecen a realizar inspeccións dos ERTE tramitados con motivo da crise sanitaria, nun momento no que "aínda hai centos de persoas que non cobraron a prestación".
Excelentes datos: Galicia é a autonomía con menos coronavirus na última semana


Con só 14 casos diagnosticados na última semana, Galicia é a autonomía con menor incidencia acumulada de coronavirus. A autonomía encadea varias xornadas con datos excelentes no informe diario do Ministerio de Sanidade. Xa só queda un galego en coidados intensivos.

Feijóo pide atrasar o Xacobeo e que se lle faga test de coronavirus aos viaxeiros
O presidente aposta polo uso de test de dobre banda en aeroportos para impedir que embarquen pacientes con positivos en Covid
Case todas as áreas galegas reactívanse e rexistran descensos no seu número de casos de coronavirus

Boa xornada en Galicia segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde. O conxunto das áreas sanitarias galegas perdeu nas últimas 24 horas un total de 29 casos. Este é o maior descenso na comunidade nun só día desde o pasado 23 de maio. Esta caída, despois de tres xornadas seguidas sen superar a vintena de casos menos, alivia un pouco máis as porcentaxes de baixada na comunidade. Con todo, non todas as áreas galegas perden casos activos desde o martes.

Nunha privada tes 30 veces máis de probabilidades de morrer con coronavirus que nunha residencia pública

Para esixir uns "servizos sociais 100% públicos" están convocadas as seguintes "marchas cívicas" o xoves 11 de xuño en todas as cidades galegas.

Expediente sancionador contra DomusVi por falta de enfermeiras meses antes do coronavirus


A Consellería de Política social ten aberto un proceso sancionador contra o grupo DomusVi por falta de persoal na súa residencia de Ribadumia desde moito antes da chegada do COVID-19. Así llo confirmaron fontes oficiais da Xunta a Galiciapress. Traballadoras denunciaron que os anciáns pasaron tres días sen curas.

Galicia preto de acabar coa 1ª onda de coronavirus: 2 días seguidos sen positivos e 4 en toda unha semana

O motivo polo cal, a pesar disto, o cómputo global sobe en dez casos de onte hoxe é un misterio, un máis na lista de piruetas estatísticas ás que, desgraciadamente, fómonos afeito ao tratar de analizar as cifras oficiais. Se, a pesar dos bailes de números de Xunta e Ministerio, damos as cifras por válidas vemos que a media móbil semanal de novos contagios anda por menos de 2 ao día.

"As monxas de Santa Teresa de Jornet non están preparadas para o coronavirus", advirte un familiar afectado polo rebrote


Santa Teresa de Jornet é o epicentro do primeiro rebrote serio en residencias galegas, con 13 novos casos. Galiciapress fala cun familiar dunhas dos anciáns recentemente contaxiados.

A tecnoloxía como arma contra a Covid-19

A crise sanitaria global que estamos a experimentar puxo en evidencia o papel transcendental que pode desempeñar a tecnoloxía para frear unha pandemia, desde o control da expansión da enfermidade e o seu rápido diagnóstico, á investigación en novos fármacos eficaces contra o virus.

E despois do Coronavirus...que?

Dr. Xosé M.ª Dios Diz, Médico de AP de Outes. Compostela, 4 de maio do 2020.



Catro áreas galegas levan 24 horas estancadas nos seus casos de coronavirus, segundo o SERGAS

A retardación no descenso de casos activos en Galicia é cada vez máis evidentes. Esta xornada os datos do Servizo Galego de Saúde indican que máis da metade das áreas galegas non sufriron variacións na súa gráfica no último día. O estado de hibernación da comunidade tradúcese en só dez casos menos no último día, coas áreas de Santiago de Compostela, Ferrol, Pontevedra e Ourense arroxando as mesmas cifras que o domingo. Con todo, cabe destacar que ningunha das áreas galegas ha sufrido repuntes este luns.

Vigo segue con máis casos activos de coronavirus que hai unha semana e no resto de Galicia baixan moi pouco


A nivel galego, o balance recente non é demasiado bo. Seguen baixando os casos, pero cada vez máis lentamente. Hoxe, por exemplo, hai 17 casos menos respecto onte. O total queda en 732. 

​As comunidades só reportan catro mortes en toda España nas últimas 24 horas

Os datos de falecidos en España son alentadores, aínda que ven embazados polo repunte no número de novos casos confirmados. 271 novos casos en toda España desde onte obrigan ás autoridades sanitarias a facer un chamamento á cautela, especialmente agora que toda España superou a fase 0 da desescalada. 

O escenario político español e a opinión cidadá

Non existen experiencias recentes ou próximas nas que un goberno europeo tivese que gobernar baixo unha dobre crise provocada por unha pandemia e unha recesión económica. Unha pandemia de orixe practicamente descoñecida, que obriga a paralizar a produción e a distribución pola necesidade de implantar unha corentena, un estado de alarma, para así conseguir evitar unha propagación do virus que sería demoledora.

Dous contaxios, un hospitalizado e ningún morto onte en toda Galicia Está a acabarse a primeira onda do coronavirus?



Galicia encadea dúas xornadas de datos magníficos, polo menos de acordo ás cifras que a Xunta manda ao Ministerio. Nos datos que publica a propia Xunta hai indicios de repunte polo menos na área sanitaria de Vigo. Con todo, nos do Ministerio non hai indicio de tal cousa. Os números seguen sen coincidir, nin sequera, por cuarta xornada seguida, no cómputo de mortos.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE