Repunte leve en Vigo, Santiago e Pontevedra; mínimas caídas de casos activos de coronavirus no resto de áreas

|

A gráfica da evolución do COVID-19 nas áreas sanitarias de Galicia non trae hoxe boas noticias. Hai tres áreas que repuntan, aínda que só un pouco, e as que baixan fano moi pouca. O SERGAS informa dun total de 563 activos por coronavirus, a penas seis menos que onte.





Son as cifras de hoxe preocupantes? Por agora, non. Estamos afeitos hai semanas a repuntes puntuais en todas as áreas sanitarias. 


A clave é que eses repuntes nunca se consolidaron. Así se aprecia na gráfica que mide a evolución do descenso de casos a nivel galego.




A media móbil a 7 días da porcentaxe de cambio está en -4,3%. Isto quere dicir que, de media, o número de casos activos está a baixar algo máis do 4% cada día. O que é un descenso lento, pero o importante é que é un descenso sostenidou, aínda que haxa días como hoxe con caídas case imperceptibles, un 1,1% respecto onte. 


Así que, mentres la serie de "novos positivos por PCR" que publica cada tarde o Ministerio non nos diga o contrario, Galicia pode estar relativamente tranquila.  Non hai indicios de repunte e por este flanco nada pon en risco que Galicia avacne esta tarde Fase 3.


O que non quere dicir que as cifras desta xornada sexan boas. Unicamente A Coruña rexistra un descenso perceptible, e é de só 7 casos menos.


Quizais o máis noticiable a nivel local sexa o repunte de Pontevedra. Unha área sanitaria que se situou como a que tiña menos casos, 15 onte, para subir hoxe ata 18, volvendo empatar con Ferrol. 


Vigo é a área sanitaria que máis repuntes puntuais está a sufrir. O de hoxe é pequeno, dous casos máis e, ademais, chega despois dun día de gran caída de casos activos. Tan grande que parece máis ben produto dun axuste estatístico.


En termos xerais, Lugo é a área sanitaria que mellor está a evolucionar ultimamente. Só quedan 37 casos activos alí. 


QUE É UN CASO ACTIVO?

Hai que ter en conta que estes datos da Xunta refírense a os casos activos. É dicir, a persoas que deron positivo por PCR ou anticorpos e que aínda non deron negativo nunha proba PCR.


Así, se o SERGAS fai probas de anticorpos a todos os traballadores, por exemplo, dun centro de saúde, probablemente aparecerán algúns positivos, que deben sumarse ao cálculo de casos activos. Agora ben, se despois dan negativo en PCR significa que xa superaron a enfermidade, polo que hai que borralos da lista de casos activos e sumalos á de recueperados. O tempo que tardan eses PCR de contraste alimentou pasados repuntes leves. 


CONXUNTO DE DATOS

Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus estevierens en Galicia ascende a 563 dos cales 132 son da área da Coruña, 37 de Lugo, 51 de Ourense, 15 de Pontevedra, 195 de Vigo, 114 de Santiago e 18 de Ferrol. 

 

IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress