"As monxas de Santa Teresa de Jornet non están preparadas para o coronavirus", advirte un familiar afectado polo rebrote


Santa Teresa de Jornet é o epicentro do primeiro rebrote serio en residencias galegas, con 13 novos casos. Galiciapress fala cun familiar dunhas dos anciáns recentemente contaxiados.


|

Santa Teresa de Jornet é o epicentro do primeiro rebrote serio en residencias galegas, con 13 novos casos. Galiciapress fala cun familiar dunhas dos anciáns recentemente contaxiados.


Santa Teresa de Jornet na Coruu00f1a en unha imaxe de Google Street View


"Como coidadoras non teño queixa", admite esta filla, que prefire non ver publicado o seu nome nin o da súa nai residente. Recoñece que nos anos que a súa proxenitora leva vivindo alí sempre observou aos anciáns ben atendidos.


Agora ben, insiste en que "as monxas non están preparadas para esta pandemia" e aposta porque  a Xunta interveña por completo o centro das Hermanitas dos Anciáns Desamparados, ata o de agora só tutelado medicamente.


Galiciapress contactou coa congregración das Hermanistas dos Anciáns Desamparados en varias ocasións, sen recibir resposta por agora. A congregación é un dos axentes católicos máis importantes en España no sector xeriátrico.


SEGUNDA ONDA CANDO O CORONAVIRUS ESTÁ a REMITIR

Esta é a segunda onda de coronavirus que ataca o centro. A mediados de marzo o primeiro brote provocou 55 positivos.   Os contagios baixaron co tempo e de súpeto, o pasado fin de semana a Xunta confirmou 13 novos contagios. Segundo informou a Consellería de Política Social, os contagios detectáronse tras unha serie de "test masivos". Na actualidade quedan 26 casos activos, 20 persoas maiores e seis traballadores.


Tras a primeira onda de marzo, a Xunta tutelou a residencia medicamente, pero non administrativamente. Enviou dous galenos e un enfermeiro, segundo datos oficiais do Goberno.


A situación mellorou grazas ao labor do SERGAS. Nisto coinciden tanto a familiar consultada, que cualifica de "xenial" o labor público, como segundo o colectivo galego de familiares REDE.


Agora ben, esta afectada mantén críticas en dous aspectos: a suposta falta de preparación da congregación católica e a presunta falta de comunicación, sobre todo na primeira fase da pandemia. 


SUPOSTA FALTA DE MEDIOS

"Non teñen suficiente persoal cualificado", laméntase. Segundo indicou o SERGAS a Galiciapress, ademais do reforzo público, o centro conta cun médico e unha enfermeira propia


Os médicos que mandou o SERGAS "xa se estaban despedindo" dos familiares cando saltou o rebrote e de feito "o venres xa non estaban", en referencia ao día anterior a que saltasen os 13 novos positivos. A Consellería enviaría  outros públicos diferentes tras o brote, segundo os familiares.


Fuentes que din que a causa do rebrote pode estar en que a congregación relixiosa "baixou a garda". En particular, a familiar protesta porque nunca viu que a súa nai leva máscara. Se nun supermercado é ilegal entrar sen máscara, que sentido ten que os residentes dun centro onde hai coronavirus non a leven?, pregúntase con rabia contida.


A falta de información é o outro eixo das súas queixas. Esta filla admite que recibiu "sete ou oito videollamadas" nas que lle puido falar coa súa nai. Iso si, todas despois de que a Xunta interviñese medicamente. 


Quéixase de que a "monxa responsable" ha dado a cara e que non tivo información médica nin do estado de ánimo do seu familiar ata que o pasado venres recibiu unha chamada para comunicarlle que dera positivo por PCR.  "É algo completamente inhumano", laméntase.


Deu a residencia algunha explicación do rebrote? Esta familiar di que non e sinala que a súa nai dera negativo varias veces en probas anteriores polo que estaba en teoría nunha zona na que só convivía con residentes tamén negativos. 


Na súa opinión, as relixiosas coidan ben ao anciáns pero son "tercas" nas súas rutinas, algo que cre contribuíu a que non puidesen conter o coronavirus e o seu rebrote.


A Xunta DEBE SEGUIR ALÍ, SUPLICA

Por iso implora á Xunta que non retire os seus equipos de médicos. Pola contra, "no outono, cando haxa unha nova onda de coronavirus, volverán pasar o mesmo porque as monxas non o saben facer". 


Un temor, referido a todas as residencias galegas afectadas, que comparten desde REDE. O colectivo de familiares demandou ao SERGAS que manteña as intervencións médicas das residencias e que non devolva a xestión administrativa das tres que seguen intervidas por completo, entre as que non está Santa Teresa de Jornet.


Galiciapress preguntou á Xunta se tras o rebrote valoraba intervir o centro de Eirís, pero a Administración obviou a cuestión.


Onte REDE, colectivo que agrupa a familares de residencias de toda Galicia, advertiu que o persoal do SERGAS está a retirarse das residencias. Algo que negou o presidente, que dixo que seguen tuteladas.


Segundo datos da Xunta en 2012, o labor das Hermanitas iniciouse en Vigo o 16 de xuño de 1883. Por entón contaba con 210 casas, onde eran acollidos uns 26.000 anciáns (15.300 en España e 10.000 noutros países), en 17 nacións (España, Portugal, Alemaña, Italia, México, Cuba, Porto Rico, República Dominicana, Colombia, Venezuela, Ecuador, Perú, Bolivia, Arxentina, Chile, Brasil, Mozambique), e 3 continentes (Europa, América e África).









Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE