Galicia preto de acabar coa 1ª onda de coronavirus: 2 días seguidos sen positivos e 4 en toda unha semana

O motivo polo cal, a pesar disto, o cómputo global sobe en dez casos de onte hoxe é un misterio, un máis na lista de piruetas estatísticas ás que, desgraciadamente, fómonos afeito ao tratar de analizar as cifras oficiais. Se, a pesar dos bailes de números de Xunta e Ministerio, damos as cifras por válidas vemos que a media móbil semanal de novos contagios anda por menos de 2 ao día.


|

Sufrimos xornadas tráxicas non fai tanto, con ducias de mortos e case 600 positivos nun día. Por entón, agarrabámonos á esperanza de que o virus tería que remitir, tarde ou cedo. Acórdanse? Pois hoxe podemos afirmar, con toda a prudencia, que, se nos seguimos esforzando, a primeira onda do COVID-19 está nas últimas en Galicia. 


A suma de casos acumulados desde o inicio da pandemia é de 9.129, segundo os datos que a Xunta remite ao SERGAS. 


POSITIVOS

Segundo o informe diario do Ministerio, levamos xa dúas xornadas seguidas sen ningún caso diagnosticado. O motivo polo cal, a pesar disto, o cómputo global sobe en dez casos de onte hoxe é un misterio, un máis na lista de piruetas estatísticas ás que, desgraciadamente, fómonos afeito ao tratar de analizar as cifras oficiais. 


Se, a pesar dos bailes de números de Xunta e Ministerio, damos as cifras por válidas vemos que a media móbil semanal de novos contagios anda por menos de 2 ao día. De seguir así uns días máis, este indicador baixará a menos dun contaxio diario. 





HOSPITALIZADOS E UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


Padicimos en nosas propias carnes a habilidade do COVID-19 para propagarse baixo radar.  Nin sequera tendo o SERGAS uno dos sistemas de test máis eficaces de España, Galicia foi incapaz de detecar uns 48.000 contagios.


Que nos garante que non está a pasar o mesmo e nun par de semanas suframos un rebrote? Podería ser, pero en principio parece improbable, pois tampouco o indicador de ingresos en hospital mostra indicios de repuntar.


Certo é que o piloto de hospitalizacións acéndese máis amenudo que o de novos positivos, pero a tendencia global é á baixa. 


A media móbil a sete días é de só 1,6 ingresos por covid en hospital. É a segunda cifra máis baixa desde o pico. Houbo un día que Galicia supero os 153 ingresos nunha soa xornada.





Onde máis mellorou a situación nos últimos días é nas unidades de coidados intensivos. Fai seis días xa que non hai ningún ingreso.


Hoxe quedan 2 persoas con COVID-19 en UCIs galegas. Chegou a haber 178. 







LNTLd positivos diarios pcr en galicia (3)



FALECEMENTOS E RECUPERADOS


Polo menos 609 persoas faleceron en Galicia con coronavirus. Polo menos porque é probable que centos falecesen sen que se lle fixesen as probas PCR, que é o criterio polo cal o Ministerio leva o cómputo oficial. Analizando as cifras de o Sistema de Monitoraxe da Mortalidade Diaria (MoMo) do Ministerio de Sanidade vimos que xa a finais de abril había un desfasamento de centos de falecidos entre os rexistrados esta primavera e a suma da media esperable máis os oficialmente falecidos con COVID-19.


Unha enorme traxedia que, afortunadamente, parece estar a baixar o pano, polo menos nesta primeira onda. O Ministerio conta só 3 decesos na última semana. Luns, mércores, xoves, sábado e domingo da pasada semana non faleceu ninguén en Galicia debido ao virus.




DATOS DO CORONAVIRUS EN ESPAÑA


Así as cousas, a prioridade agora é estar pendentes aos indicios do temido rebrote. Debido á condición periférica de Galicia e á maior incidencia noutras autonomías, o repunte debería notarse primeiro a nivel de España. Por agora, tampouco hai indicios a nivel de Estado. Onte só se notificaron 71 positivos, a menor cifra desde o 3 de marzo.




Polo camiño quedáronse polo menos 27.127 vidas en España, probablemente varios miles máis. A cifra de falecementos notificados onte é de 39. Hai unha semana xa que España non sofre máis de 50 falecementos ao día. A durísima corentena española salvou miles de vidas, como se pode apreciar facilmente comparando a gráfica española coa doutros estados da nosa contorna con confinamentos máis leves:






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE