Vigo segue con máis casos activos de coronavirus que hai unha semana e no resto de Galicia baixan moi pouco


A nivel galego, o balance recente non é demasiado bo. Seguen baixando os casos, pero cada vez máis lentamente. Hoxe, por exemplo, hai 17 casos menos respecto onte. O total queda en 732. 


|

Unicamente dous casos activos menos desde onte en Vigo. Insuficiente para compensar os repuntes doutros días recentes. Con 266, esta área sanitaria é a única en Galicia que ten máis casos activos que hai unha semana. 


A nivel galego, o balance recente non é demasiado bo. Seguen baixando os casos, pero cada vez máis lentamente. Hoxe, por exemplo, hai 17 casos menos respecto onte. O total queda en 732. 




O resultado é que a media móbil semana da porcentaxe de caída queda en -2,4%. En toda a semana o número de casos activos nunca baixou máis dun 5% diario.


Por áreas sanitarias, a que peor comportamento está a ter é Vigo. Non só lidera o total de casos, tamén leva unha semana cun comportamento inusual, con varios repuntes e logo caídas, pero moi leves. Tan leves que o resultado é que hoxe ten 266 casos activos fronte aos 261 o pasado domingo.





Ningunha outra área subiu no cómputo semanal. Algunhas baixaron bastante, como A Coruña e Ourense. Outras, pouco, como Santiago. A capital de Galicia ten unha ducia de casos activos menos que o pasado domingo e desde onte perdeu só un caso.


Ferrol segue sendo a área con menos persoas infectadas con COVID-19. Iso a pesar de que hoxe é a única área que repunta, aínda que sexa de forma moi ténue, só un caso máis. 


De seguir esta progresión, Ferrol podería quedar case sen casos nunha ou dúas semanas, converténdose na primeira área galega libre de coronavirus.


Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este sábado 30 de maio en Galicia ascende a 732 dos cales 167 son da área da Coruña, 41 de Lugo, 75 de Ourense, 28 de Pontevedra, 266 de Vigo, 135 de Santiago e 20 de Ferrol. 


QUE É UN CASO ACTIVO?

Neste escenario de repuntes leves -algo que vén sucedendo en Galicia desde hai semanas e- primeiro que hai que ter en conta que estes datos da Xunta refírense a os casos activos. É dicir, a persoas que deron positivo por PCR ou anticorpos e que aínda non deron negativo nunha proba PCR.


Así, se o SERGAS fai probas de anticorpos a todos os traballadores, por exemplo, dun centro de saúde, probablemente aparecerán algúns positivos, que deben sumarse ao cálculo de casos activos. Agora ben, se despois dan negativo en PCR significa que xa superaron a enfermidade, polo que hai que borralos da lista de casos activos e sumalos á de recueprados. 


O tempo que tardan eses PCR de contraste alimentou pasados repuntes leves sufridos este mes en todas as áreas sanitarias. 


Nunha semana Galicia perdeu 132 casos activos.


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (3)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE