Case todas as áreas galegas reactívanse e rexistran descensos no seu número de casos de coronavirus

Boa xornada en Galicia segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde. O conxunto das áreas sanitarias galegas perdeu nas últimas 24 horas un total de 29 casos. Este é o maior descenso na comunidade nun só día desde o pasado 23 de maio. Esta caída, despois de tres xornadas seguidas sen superar a vintena de casos menos, alivia un pouco máis as porcentaxes de baixada na comunidade. Con todo, non todas as áreas galegas perden casos activos desde o martes.


|

Boa xornada en Galicia segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde. O conxunto das áreas sanitarias galegas perdeu nas últimas 24 horas un total de 29 casos. Este é o maior descenso na comunidade nun só día desde o pasado 23 de maio.


Esta caída, despois de tres xornadas seguidas sen superar a vintena de casos menos, alivia un pouco máis as porcentaxes de baixada na comunidade. Con todo, non todas as áreas galegas perden casos activos desde o martes.



Ferrol é a área que sofre a maior parálise no referido ao número de casos activos na área sanitaria. A ferrolá leva desde o domingo estancada nos 20 casos activos. Isto non significa necesariamente que non se produzan altas, senón que a pesar de que algúns pacientes deixen de ser casos activos os novos positivos terminan por compensar a gráfica.


Lugo, despois de varias xornadas seguidas perdendo casos, volve deterse no seu descenso. A área lucense xa sufriu un proceso similar hai pouco máis dunha semana, cando estivo tres xornadas consecutivas estable nos 58 casos. Hoxe son os mesmos 39 de onte. 


QUE É UN CASO ACTIVO?

Aínda que Galicia leva varios días sen vivir en un escenario de repuntes leves, como viña sendo habitual na comunidade desde hai semanas, hai que ter en conta que estes datos da Xunta refírense a os casos activos. É dicir, a persoas que deron positivo por PCR ou anticorpos e que aínda non deron negativo nunha proba PCR.



Así, se o SERGAS fai probas de anticorpos a todos os traballadores, por exemplo, dun centro de saúde, probablemente aparecerán algúns positivos, que deben sumarse ao cálculo de casos activos. Agora ben, se despois dan negativo en PCR significa que xa superaron a enfermidade, polo que hai que borralos da lista de casos activos e sumalos á de recueperados. O tempo que tardan eses PCR de contraste alimentou pasados repuntes leves sufridos este mes en todas as áreas sanitarias. 


ÁREAS EN DESCENSO

No lado positivo da balanza atópase a área sanitaria de A Coruña, que rexistra o maior descenso da xornada con once casos menos. A herculina foi no seu día a área máis afectada e nestes momentos, despois de varios días reducindo constantemente o seu número de casos activos, achégase aos datos da área sanitaria de Santiago de Compostela, a terceira con máis casos activos. Son 147 casos na área coruñesa por 130 na da capital (cinco casos menos nas últimas 24 horas).


Ourense, con oito casos menos desde onte, tamén ve minguados os seus algarismos considerablemente. Pontevedra e Vigo, a área con máis casos activos de Galicia, tamén dan pasos á fronte desde onte, con tres e dous casos menos respectivamente.




Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este mércores 3 de xuño en Galicia ascende a 678 dos cales 147 son da área da Coruña, 39 de Lugo, 60 de Ourense, 25 de Pontevedra, 257 de Vigo, 130 de Santiago e 20 de Ferrol. 


 

Isto implica que hoxe en  Galicia hai 29 casos activos menos que onte -onte foron 15 menos-. Continúa o descenso de casos activos a nivel autonómico, pero ségueo facendo de maneira moi lenta a pesar de que hoxe mellore a situación. Con todo, o descenso diario hoxe é un 0,7% mellor que onte: 2,1% por o 1,4% do luns, o peor dato desde o día 28 de maio, cando se situou nun 1,3%.


Tamén sofre variacións a media móbil semanal da porcentaxe de caída, que onte macaba un -2,4%. Cos datos de hoxe sitúase nun -2,7%, a mellor porcentaxe en sete días.


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (12)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE