O Ministro de Sanidade, Salvador Illa, respondeu esta mañá ás preguntas de Galiciapress sobre o paso á fronte que dará Galicia o próximo 15 de xuño ao ser a primeira comunidade en entrar na nova normalidade.
A Xunta detallará novas condicións para establecementos hostaleiros e centros comerciais este sábado. Agora ben, Feijóo xa adianta que haberá algunhas restricións, porque o risco dun repunte do coronavirus segue aí, mesmo en cuestión de horas.
En Galicia está a aparecer, de media menos dun caso diario por cada 100.000 habitantes. Ademais hoxe o SERGAS comunica un gran, e sorprendente, descenso de casos activos. Feijóo anótase un tanto ao lograr que Galicia sexa a primeira en deixar o estado de alarma, aínda que as vantaxes prácticas para os galegos son poucas, por exemplo, seguirán sen poder saír da autonomía, salvo os que traballen en Portugal.
As residencias foron o gran foco do coronavirus en Galicia, pero nas privadas moitísimo máis. Dos 132 falecidos en residencias sen pisar un hospital, só 1 morreu nun centro publico. Galiciapress fala con Liño Díaz, un dos representantes dos traballadores destas residencias públicas, que están a se mobilizar para reivindicar a súa función e acabar con recortes e privatizacións.
O Goberno indica que estará lista leste mesmo mes, mentres non chega o ingreso mínimo vital aprobado polo Estado. A medida chega por sorpresa a poucas semanas das eleccións. A Xunta xa usa este sistema de tarxeta moedeiro noutras axudas, por exemplo para as familias con bebés.
O Principado aduce cuestións relativas á saúde pública para non permitir o tráfico entre comunidade autónomas. Nesa liña, o goberno de Asturias apóiase no rebrote producido no País Vasco para impedir a mobilidade.
Iso si, Simón mostrouse confiando no criterio dos expertos do SERGAS. "Coñezo a todos os que traballan na Consellería de Sanidade e se que son un equipo moi prudente e profesional e que as decisións non se toman a treo, tómanse dunha maneira moi consciente e coa prudencia necesaria".
O grupo de Amancio Ortega promete que recolocará aos empregados afectados noutros comercios e departamentos. Pecharán establecementos de todas as marcas -incluídas Zara, Pull & Bear e Breshka-, sobre todo os máis pequenos. A bolsa acolle a noticia dos peches e das inéditas perdas trimestrais anunciadas hoxe cunha subida do 1,83% a media mañá.
Os datos do Servizo Galego de Saúde esta xornada son un paso á fronte en toda a comunidade cara á recuperación. Galicia rexistra o maior descenso no últimos seis días con 27 casos menos en 24 horas. Con todo, aínda que hoxe non todas as áreas sofren descensos -Lugo e Ferrol non sofren cambios-, hai que poñer o foco sobre un aspecto moi importante: cinco das sete áreas sanitarias galegas atópanse xa por baixo das tres cifras.
Con preto do 10% da poboación tendo hipotecas e créditos ao consumo, asúmese que estes últimos serán os máis afectados, seguidos do pago de servizos básicos e finalmente a hipoteca.Coñece todo o devandito polo Banco de España en materia de financiamiento facendo clic aquí.Financiamiento en EspañaAunque cando falamos sobre o financiamiento en España moitos pensan unicamente nos créditos ao consumo e outras formas de microcrédito, a realidade é que actualmente os españois solicitan toda unha gama de instrumentos para obter axuda económica, desde hipotecas e préstamos bancarios, ata axudas gobernamentais e subsidios.A plataforma para comparación de créditos Finbino publicou un traballo de investigación no que englobaron información sobre os instrumentos financeiros cos que contan os españois, e sobre como estes evolucionaron no país desde que iniciou a pandemia do coronavirus.
"Bochornosas e reprobables". Así tachan algúns sindicatos as palabras de Eloina Núñez, xerente da área santiaria do Barbanza e Santiago, coas que deixaba entrever que o persoal sanitario contaxiado por coronavirus na súa área enfermou nas salas de café.
Mentres os seus compañeiros de comercio vanse reincorporando, o futuro é moito máis incerto para os traballadores de Viaxes O Corte Inglés (Vecisa). A empresa aprobou un segundo ERTE mediante unha "fraude de lei", segundo denuncia Comisións Obreiras.
O informe do Ministerio de Sanidade para pasar de fase 2 indica que o Sergas ten un sistema eficaz para detectar contagios. A Coruña era a provincia con máis novos casos.
Concellos pequenos pero tamén vilas como Porriño ou Tui non ven con medios suficientes para asumir as novas obrigacións impostas para previr o virus
Os casos activos de coronavirus en Galicia seguen baixando moi lentamente. Hoxe domingo non hai ningunha área sanitaria con repunte, só dous, Pontevedra e Ferrol, que quedan iguais. Vigo a penas baixou os seus casos activos nos últimos días.
O Ministerio de Sanidade unicamente engadiu unha morte desde onte aos rexistros de falecidos por coronavirus. Con todo, aínda que este é un dato que convidar a ser moi optimista, non hai que esquecer as máis de 27.000 vidas arrebatadas pola pandemia.
En Galicia morreron 132 persoas con coronavirus en residencias, sen ser ingresados en hospitais. Feijóo insiste en que foron os médicos, non o SERGAS, quen decidiu que eses pacientes quedasen nas residencias. É a mesma explicación que enarbora Política Social. Hoxe filtrouse un documento oficial que veta o traslado de grandes dependentes a unha residencia medicalizada, Porta do Camiño.