E despois do Coronavirus...que?

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.


Situémonos nun escenario novo, no que será necesario levar a cabo cambios na organización do Sistema Sanitario Público Galego e especialmente na Atención Primaria (AP). Tanto, nas instalacións dos centros sanitarios, como na forma en que se levará a cabo a atención xs doentes. Para elo, temos que ter en conta os criterios de separación social que son recomendables mentras dure a emerxencia sanitaria; pois ben, os traballos realizados ata agora, no Consello Técnico (CT) de AP de Galicia, nas 16 Comisións Técnicas, polas 206 persoas que formamos parte dél, exiximos que a administración, nos achegue as conclusións, que sabemos están elaboradas por cada Comisión, e facer a valoración final no propio CT (por consenso), para poder definir o proceso que culmine nun Novo Modelo de Atención Sanitaria. (Evidéntemente este será o único camiño e non que a administración siga recavando a opìnión de “expertxs” ou de colectivos de amiguetes do poder). Entre outras moitas cousas descritas nos traballos das Comisións, están as seguintes:


Na cuestión das formas telemáticas de comunicación cos Centros de Saúde, o rural galego o ten dificil de implementar, polas características do País (sin acceso a internet en moitísimos concellos). Usarase a cita telefónica previa, e as outras medidas onde se poda, para ser atendidx nos centros sanitarios. Evitaranse as aglomeracións, tanto en salas de agarda, como nos medios de transporte. Que a AP teña acceso a todalas probas diagnósticas en todalas Áreas Sanitarias por igual. Que podamos facer a proba diagnóstica do Coronavirus a todalas persoas que consideremos, sin ter que pasar por ningún filtro previo. Seguir mantendo unha atención preferente ós grupos vulnerables: Diabéticxs, Cardiópatas, EPOC, Inmunodeprimidxs, Oncolóxicxs, etc.

Seguir mantendo os dous circuítos de acceso ós centros: un, para pacientes sospeitosxs de Coronavirus e outro para as diferentes patoloxías. Non ter máis de 30 consultas diarias por profesional. Poder ter, 10 minutos mínimo por paciente, si así o considera o/a profesional. Cupos sanitarios de non máis de 1.250 tarxetas sanitarias (o que leva a desdobrar cupos e poñer máis persoal). Substitutxs onde faga falta, sin salarios de miseria, nin múltiples contratos de escravitude e sin condicións de precariedade manifesta. Convocatoria inmediata de todalas prazas vacantes no SERGAS: contactar cos representantes dxs traballadorxs, para facer o censo de profesionais, ver as prazas vacantes e as prazas que é preciso cubrir. Ter prazas MIR, FIR, EIR, PIR, que cubran realmente as necisidades dxs profesionais que fan falta. Seguir mantendo a PREVENCIÓN dende a AP, como principal obxetivo de traballo a curto prazo. Traballo en EQUIPO.

Incorporación inmediata de profesionais de novas categorías ós Centros de Saúde: Psicólogxs Clínicxs, Fisioterapeutas, Terapeutas Ocupacionais, Logopedas,…así se desmedicalizaría moita patoloxía. Poñer, dende a administración, os recursos suficientes ós/ás profesionais de AP que atenden xs pacientes das Residencias de maiores, para minimizar os riscos de padecer enfermidade. Se o centro residencial carece de persoal médico propio, o equipo de AP responsable do centro residencial, realizará o seguimento, para descartar a presenza de novos síntomas nas persoas residentes, e que se poda alertar sobre un caso de infección COVID-19 ou outro tipo de doenza. Hoxe supemos que Rajoy recortou 5.000 millóns de euros para Dependencia na súa lexislatura! según a Asociación Estatal de Directoras y Gerentes de Servicios Sociales. Realización de test válidos de diagnóstico a TODO O PERSOAL SANITARIO XA!


Incrementar as camas hospitalarias da rede de xestión pública: segundo os dados feitos públicos en abril do 2020, polo Instituto Galego de Estatística, Galicia conta cun milleiro menos de camas que fai unha década. No orzamento, diminueu en 1.000 millóns de euros dende o 2009; debemos recuperar ese orzamento e compararnos cos países da Unión Europea. No tema do gasto sanitario por persoa, según o informe da Comisión Europea en 2019 (o fai cada 2 anos) no estado español gastouse 2.371 €, frente a 3.700 de Noruega, 3.600 de Alemania, ou 2.884 da UE. Temos que igualar o gasto por persoa en todalas CC.AA e chegar a media europea.


Temos que acabar cas privatizacións e recuperar o privatizado: que xs que traballan na privada, NON o podan facer con pacientes da Área Sanitaria onde traballan na Pública, como dí a Lei.


A Sanidade Pública Galega precisa dun cambio. Nas vindeiras eleccións temos a oportunidade de facelo. De nós depende. O que está en xogo é o futuro: noso, dxs nosxs fillxs e netxs. Fagámolo posible!




Trouxen EPI entregado a enfermeiras do SERGAS en Ourense nunha foto de SATSE


EPI entregado a enfermeiras en Ourense nunha foto de SATSE

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress