test

Test gratis en estands este sábado en todas as cidades galegas contra o estalido do covid
A Xunta de Galicia habilitará este sábado dispositivos móbiles en diferentes puntos das sete grandes cidades galegas onde ofrecerá a realización de tests de antígenos á poboación que non dispoña da pauta completa de vacinación, así como a expedición do correspondente certificado co resultado desta proba.
​Os test rápidos das farmacias non diagnostican o coronavirus, lembran os técnicos superiores sanitarios

A chegada dos test rápidos ás farmacias españolas puxo en alerta ao Sindicato Estatal de Técnicos Superiores Sanitarios (SIETeSS) e a Sociedade Española de Técnicos Superiores Sanitarios (SETSS), que inciden en que estes test non detectan a infección activa. 

Os cataláns poderán tomarse eles mesmos as mostras para realizar PCRs nun cribado masivo


A Generalitat enviará unha carta aos seleccionados, que poderán recoller o material necesario nunha farmacia e entregar a mostra alí. O Goberno catalán promete resultados en 24 horas. Outro exemplo máis dos pasos que están a dar as administracións para rebaixar contaxios e aumentar a confianza para a campaña de Nadal.

Así será o cribado masivo en Vigo para detectar adultos asintomáticos pero portadores de coronavirus

As probas serán voluntarias. A área sanitaria de Vigo leva cinco días seguidos reportando máis dun 10% de test positivos. 

Satse advirte aos ourensáns que "por seguridade" non vaian ás farmacias para facerse a proba do coronavirus

O sindicato ataca á Xunta por chamar á poboación para facerse a proba de antígenos nas farmacias, que entenden non son os lugares adecuados. En todo caso, o sistema de cita previa colapsou en menos de 24 horas e por agora non hai ocos dispoñibles.

Debo levar ao neno ao colexio? As cifras din que un de 2.000 menores galegos contáxiase cada semana

Miles de nais e pais galegos debaten a tal hora se volver levar os seus fillos ao colexio. As clases empezan o xoves, o venres para algúns. Mentres, todos os días varios centenares de galegos dan positivo. A decisión é difícil e o debate quentouse nos últimos días. Por unha banda, tanto o Estado como a Xunta insisten en que é seguro, a pesar de que o presidente acaba de relevar á Conselleira de Educación. Por outro, a maioría de sindicatos convocan unha folga, a maioría de AMPAs apóiaos, os directores piden atrasar o curso e colectivos de pais promoven non levar aos nenos.

E despois do Coronavirus...que?

Dr. Xosé M.ª Dios Diz, Médico de AP de Outes. Compostela, 4 de maio do 2020.



​Os técnicos de emerxencias sanitarias de toda Galicia están “abandonados pola Xunta e as empresas”, denuncia plataforma

A Xunta Directiva de ‘TESGALICIA’, ante a situación que viven, enviou unha carta ao  Departamento de Preventiva do SERGAS, ademais de dirixir solicitudes de amparo a Pedro Sánchez, a Salvador Illa e Pablo Iglesias. 

O Barça, dos primeiros en preparar o regreso á competición con test para todo o persoal

Dun nun e tras chegar equipados con luvas e máscara, os xogadores fóronse dirixindo ao centro médico das instalacións do club para someterse aos exames médicos.

Preocupación entre os profesionais sanitarios pola "porcentaxe altísima de negativos" no estudo do SERGAS

Ou os test non funcionan ben ou o virus apenas circulou por Galicia. Sexa como sexa, ningunha das dúas explicacións é boa, xa que un erro masivo nos resultados dos test alteraria os resultados dun estudo que promete ser fundamental para preparar unha segunda onda do virus. Con todo, o feito de que o virus circulase pouco pola comunidade, tamén significaría que Galicia é especialmente vulnerable ante un rebrote da enfermidade. 

Empezan os test de coronavirus 100.000 galegos a finais da próxima semana, indica Feijóo

O test implica unha picada nun dedo e dá resultados nuns 15 minutos. Permite saber se se padece coronavirus e tamén se se padeceu e xa ten anticorpos.

En Galicia non haberá un estudo para estimar cantos están inmunizados; senón dous, un da Xunta e outro do Estado
Feijóo asegura que esta análise empezarase a finais da próxima semana, co obxectivo de que estea listo a principios de maio
A Xunta sostén que o novos test rápidos enviados polo Goberno central "non son un test de diagnóstico"
Profesionais que forman parte da comisión da Xunta para a xestión da crise sanitaria do coronavirus conclúen que o novos test rápidos enviados polo Ministerio de Sanidade a Galicia "non son, en sentido estrito, un test de diagnóstico", senón que "apoian" outras metodoloxías.
España investigará se xa hai millóns de inmunizados

A administración estima que pode haber moitos cidadáns que xa pasaron o coronavirus sen desenvolver síntomas ou con síntomas moi leves. Os científicos cren que estas persoas poden haber desenvolvido defensas suficientes para esquivar a enfermidade durante bastante tempo.

A vicepresidenta Carmen Calvo dá negativo na proba de coronavirus pero os médicos non están seguros

A vicepresidenta continúa hospitalizada na clínica Ruber tras serlle diagnosticada unha pulmonía, o que fixo pensar que tiña COVID-19. Sospeita que os galenos seguen tendo, pese ao negativo na proba inicial.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE