A Xunta licita por 1.7 millóns material para test de sangue para o cribado de cancro de colon
Neste contrato inclúese o material e equipamento necesario para remitir os kits aos domicilios da poboación diana, que son persoas de 50 a 69 anos
A Xunta publicou, a través do Portal de Contratos Públicos de Galicia, a licitación, por 1.778.700 euros, da suministración sucesiva do material para realizar o test de análise de sangue oculto en feces para o programa de cribado de cancro colorrectal.
Tal e como trasladou o Goberno galego nunha nota de prensa, neste contrato inclúese o material e equipamento necesario para remitir os kits aos domicilios da poboación diana, que son persoas de 50 a 69 anos.
En concreto, 1.050.000 unidades de tubos colectores coas súas correspondentes instrucións de uso, que se prevén utilizar até 2029; tamén autoanalizadores nos distintos centros analizadores das mostras, polo menos un por área sanitaria.
Así mesmo, adquírense todos os reactivos, controis, calibradores, cubetas e calquera outro material necesario para a realización do test. Neste sentido, a Xunta lembrou que até 2024 o cribado de cancro de colon da Xunta permitiu identificar 2.933 cancros, o 65,81% deles en estadios iniciais. Con todo, as empresas interesadas neste contrato dispoñen até o 31 de decembro para presentar as súas ofertas.
Escribe o teu comentario