​Os técnicos de emerxencias sanitarias de toda Galicia están “abandonados pola Xunta e as empresas”, denuncia plataforma

A Xunta Directiva de ‘TESGALICIA’, ante a situación que viven, enviou unha carta ao  Departamento de Preventiva do SERGAS, ademais de dirixir solicitudes de amparo a Pedro Sánchez, a Salvador Illa e Pablo Iglesias. 


|

A Xunta Directiva de ‘TESGALICIA’, ante a situación que viven, enviou unha carta ao Departamento de Preventiva do SERGAS, ademais de dirixir solicitudes de amparo a Pedro Sánchez, a Salvador Illa e Pablo Iglesias.


Teesgalicia

Os técnicos de emerxencias sanitarias reclaman máis test | Foto: TESGALICIA


Desde o colectivo demandan que, despois de case dous meses desde a aplicación do Estado de Alarma, os técnicos de emerxencias sanitarias non están a ser sometidos ás avaliacións necesarias para coñecer se estes profesionais, un sector que se atopa en primeira liña da loita contra o virus, contraeron ou non a enfermidade


O organismo denuncia que nalgúns casos só ofrécenlles test rápidos, un sistema que valoran como “incompleto e pouco fiable que non está a mostrar a realidade do que está a suceder entre o test sanitario”. Isto no mellor dos casos, xa que a plataforma lamenta que en moitos outros casos os profesionais non son sometidos a ningún tipo de test.


Por isto, puxeron en coñecemento das distintas administracións públicas a situación de desamparo e abandono que din vivir por parte de “a Xunta, o SERGAS, o 061 e as nosas empresas”

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE