Empezan os test de coronavirus 100.000 galegos a finais da próxima semana, indica Feijóo

O test implica unha picada nun dedo e dá resultados nuns 15 minutos. Permite saber se se padece coronavirus e tamén se se padeceu e xa ten anticorpos.


|

A quen lle farán as esperadas probas? A Xunta informa que será mediante sorteo en función do número da tarxeta do SERGAS, ademais doutros criterios como idade e residencia para que a mostra sexa representativa.


A Xunta de Galicia fará test a 100.000 galegos para saber se son portadores do coronavirus e coñecer "coa maior profundidade posible como está de inmunizada a poboación" en Galicia.

Diso informou este venres o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, na que detallou que as primeiras 51.000 empezarán a finais da próxima semana. Tras iso, realizarase unha "segunda onda" de probas ás catro semanas de finalización da primeira.


Feijoo nas instalacións de Vigo onde o SERGAS fai os test PCR do coronavirus

Feijóo visitou onte as instalacións de Vigo que fan test PCR, diferentes aos que se usarán no estudo da epidemia


Feijóo detallou que o Instituto Galego de Estatística (IGE) está a determinar o tamaño da mostra e sinalou que os resultados buscarán ser "representantivos" por comarcas e as sete cidades galegas. Para iso, explicou que elixirase de forma aleatoria a persoas con tarxeta do Servizo Galego de Saúde (Sergas) en función do sexo, a idade ou o territorio.

Tras iso, serán citados telefonicamente para que acudan ao centro de saúde a realizar a proba. Con todo, os profesionais desprazaranse aos domicilios daquelas persoas que por cuestións de saúde non poidan desprazarse. O test implica unha picada nun dedo e dá resultados nuns 15 minutos. Permite saber se se padece coronavirus e tamén se se padeceu e xa ten anticorpos.

O presidente da Xunta, que detallou que esta será a "mostra máis grande feita polo Sergas", informou de que estas probas faranse cos test de anticorpos enviados polo Goberno central a Galicia.

Sobre estes, lembrou que o Goberno galego "entendía" que estas probas "non eran definitorias para o diagnóstico" pero, con todo, asegurou que si se poden utilizar para "mostras epidemiolóxicas da poboación".

(Haberá ampliación)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE