Test gratis en estands este sábado en todas as cidades galegas contra o estalido do covid

A Xunta de Galicia habilitará este sábado dispositivos móbiles en diferentes puntos das sete grandes cidades galegas onde ofrecerá a realización de tests de antígenos á poboación que non dispoña da pauta completa de vacinación, así como a expedición do correspondente certificado co resultado desta proba.

|

A brutal explosión de positivos esta semana e a baixa asistencia aos cribados PCR leva ao SERGAS para botarse á rúa ofrecendo probas de antíxenos gratis e no momento


Os interesados poden facerse a proba en horario de mañá ou tarde o sábado, o que axudará a que menos asintomáticos poidan propagar o virus a fin de semana



Unha traballadora sanitaria realiza un test de antígenos a un mozo



A Xunta de Galicia habilitará este sábado dispositivos móbiles en diferentes puntos das sete grandes cidades galegas onde ofrecerá a realización de tests de antíxenos á poboación que non dispoña da pauta completa de vacinación, así como a expedición do correspondente certificado co resultado desta proba.


HORARIOS
Tal e como informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, estes dispositivos contarán con persoal de enfermería e funcionarán en horario de mañá de 12,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,00 horas.

A Xunta realiza esta experiencia piloto coa intención de "aumentar a capacidade diagnóstica de Galicia" e quere, deste xeito, "axudar á cidadanía galega a familiarizarse con este sistema co que se verá obrigada a convivir mentres a situación epidemiolóxica non melloree o proceso de vacinación non alcance a unha porcentaxe aínda maior da poboación".


Sanidade indicou ademais que o Goberno galego traballa cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia "para deseñar un protocolo de validación dos autotests" que están dispoñibles sin prescripción médica nas farmacias.

"Este protocolo permitiría a validación por parte dos profesionais da farmacia da identidade da persoa diagnosticada e da correcta aplicación da proba, permitindo deste xeito certificar a autenticidade do seu resultado e que o mesmo resulte válido para permitir o acceso ás actividades que, segundo as novas medidas de restricións aprobadas, requiran dispoñer, entre outras opcións, dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa", explicou o departamento da Xunta.

LOCALIZACIÓNS
Na cidade da Coruña, o punto de realización de test de antíxenos instalarase na chaira do Pavillón de Deportes de Riazor; en Lugo, na Praza Maior; en Ourense, no Xardín do Posío; en Pontevedra, na Praza de España; en Santiago, na Praza Roxa; en Vigo, na explanada do Náutico; e, en Ferrol, na Praza da Constitución.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE