"Centos" de galegos non cobraron aínda un duro dos ERTEs, segundo o Colexio de Xestores Administrativos
O Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia denunciaron que se comecen a realizar inspeccións dos ERTE tramitados con motivo da crise sanitaria, nun momento no que "aínda hai centos de persoas que non cobraron a prestación".
As asesorías protestan porque din que a administración bombardea ás empresas con peticións de documentación mentres seguen sen dar luz verde a algúns expedientes, o que provoca que haxa traballadores sen cobrar
O Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia denunciaron que se comecen a realizar inspeccións dos ERTE tramitados con motivo da crise sanitaria, nun momento no que "aínda hai centos de persoas que non cobraron a prestación".
Case o 15% dos traballadores galegos ha sufrido un ERTE
A entidade instou á administración a que destine os seus recursos "á resolución de procedementos e reclamacións" para que estas contías poidan chegar aos cidadáns ao descubrimento de posibles infraccións, nun momento no que resulta "apresurado e inoportuno" a procura.
MÁIS PAPELADA
Así mesmo, reprochan que se reclame "de forma constante" información dos traballadores cando a administración "xa a ten na súa poder" e lembran que "non hai obrigación do interesado a dar información se a propia administración dispón dela"."Atender a petición redundante de documentación supón unha perda de tempo para os despachos colexiados, que aínda seguen colapsados cos expedientes", advirten.
Desde o Colexio tamén pediron que se cre unha canle rápida de comunicación coa administración "para resolver con máis eficacia os trámites administrativos" e advertiron da detección de "graves erros" no pago das contías dos ERTE, acompañados de "un relajamiento" nas funcións da administración cando se reclama a corrección dos mesmos.
Escribe o teu comentario