Excelentes datos: Galicia é a autonomía con menos coronavirus na última semana


Con só 14 casos diagnosticados na última semana, Galicia é a autonomía con menor incidencia acumulada de coronavirus. A autonomía encadea varias xornadas con datos excelentes no informe diario do Ministerio de Sanidade. Xa só queda un galego en coidados intensivos.


|

Con só 14 casos diagnosticados na última semana, Galicia é a autonomía con menor incidencia acumulada de coronavirus. A autonomía encadea varias xornadas con datos excelentes no informe diario do Ministerio de Sanidade. Xa só queda un galego en coidados intensivos.


En total, o Ministerio, con datos da Xunta, contabiliza 9.130 casos no país. Cómputo globado que é algo dubidoso, xa que non cadra do todo cos incrementos diarios.




POSITIVOS


Así, o informe indica que non houbo casos diagnosticados onte. Con todo, o acumulado sobe de 9.129 a 9.130.


Outra desas contradicións que lastran a credibilidade dos números oficiais. Con todo, o verdadeiramente importante é abrir o foco máis aló de hoxe. Así vemos que o coronavirus en Galicia parece estar a se extinguir case do todo.


Deste xeito, a media móbil a 7 días caeu a 0,9 contagios diarios. É a primeira vez que a media semanal galega baixa de 1 positivo ao día.


Isto débese a que no últimos catro días non se notificado ningún novo caso. Ou un, onte, se atendemos á evolución do acumulado de casos totais.




Esta boa serie coloca a Galicia nunha posición avantaxada para pasar a Fase 3. O Ministerio anunciará o seu veredicto este venres e a autonomía podería baixar o penúltimo chanzo da corentena o vindeiro luns día 8.


A incidencia acumulada  na última semana é de 0,52 casos diagnosticados entre cada 100.000 galegos.  É o mellor rexistro de toda España, incluídas as cidades autónomas.


A media estatal desa incidencia acumulada anda é de 5,51. Ceuta, que sufriu un rebrote recentemente, é con moita diferenza a peor posicionada. Castela León, Cataluña e Madrid son os outros tres lugares cunha incidencia acumulada superior a 10.





HOSPITALIZADOS E UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


A serie de datos de hospitalizados aínda non está tan apagada aínda como a de novos contagios. 

Afortunadamente, a tendencia de ingresos en hospital é á baixa.  Antonte non houbo ningún e onte houbo 3. A media móbil a 7 días aínda rolda unha media de 2 hospitalizados cada xornada.


Só queda un enfermo crítico en toda Galicia, ingresado en Santiago de Compostela. Hai xa 8 días que non ingresa ningún galego en coidados intensivos.






FALECEMENTOS E RECUPERADOS


Oxalá esta persoa na UCI logre recuperarse e non se aumente o cómputo de decesos. 


A cifra oficial que dá o Ministerio é de 609 mortos con COVID-19. A cifra oficial que dá a Xunta é de 617. 


Esta discrepancia, outro barullo máis, prodúcese a pesar de que o Ministerio en teoría publica o que lle notifica diariamente a Xunta. 


Onte martes a Xunta notificou que o falecemento dunha muller de 76 anos no HULA eleva a 617 as vítimas mortais en Galicia . Con todo, o cómputo oficial que dá Moncloa chega sen incrementarse desde fai catro xornadas.


O que si segue aumentando é o número de recuperados. De feito, hoxe supérase a barreira dos 1ou.000. Por certo, hai máis recuperados, 10.033, que persoas se contaxiaron, 9.130; algo evidentemente imposible.




DATOS A NIVEL DE ESPAÑA


Aínda que a nivel estatal a situación non é tan halagüeña como en Galicia, tampouco en España percíbense indicios de repunte.


Desde o 23 de maio que España non supera os 300 contagios notificados nun día, a pesar dos repuntes locais de Ceuta e Lleida. Onte foron 219 positivos, que é a maior cifra do últimas tres xornadas pero que está na liña da pasada semana.




En España xa se detectaron máis de 500 contaxiados por cada 100.000 habitantes.






OpISK incidencia acumulada de coronavirus por autonom as




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE