A axuda poderase pedir a partir de mediados de xullo. O importe mínimo é equivalente ao das pensións máis baixas, uns 5.400 euros ao ano.
Todas as áreas sanitarias de Galicia teñen menos casos activos que onte. Agora ben, a baixada é tan leve que, no caso de Vigo, non basta para compensar os repuntes desta semana.
Primeiro marcou unha mensaxe de Donald Trump como dubidosa. O presidente reaccionou aprobando unha orde executiva que racha o escudo legal que protexe ás redes sociais. Que fará agora o político conservador agora que Twitter soterrou outra mensaxe súa por "glorificar a violencia"?
Os datos oficiais do Ministerio seguen sen casar cos datos oficiais da Xunta, a pesar de que ao Ministerio mándallos a Xunta. Atendendo aos de Moncloa, non hai o mínimo indicio de repunte. Atendendo aos da Xunta, polo menos en Vigo -con dous días de ascensos de casos activos-, hai que ser máis prudentes. Por non coincidir, levan xa catro días sen coincidir no cómputo de mortos.
Algo imposible, segundo as cifras do Ministerio, que reflicten só 2 casos diagnosticados onte en toda Galicia. As contradiciones entre as cifras da Xunta e o Estado continúan.
Algo imposible, segundo as cifras do Ministerio, que reflicten só 2 casos diagnosticados onte en toda Galicia. As contradiciones entre as cifras da Xunta e o Estado continúan.
Unha paciente do complexo pontevedrés foi a primeira en probar unha terapia pioneira: a combinación de dous tratamentos, o plasma hiperinmune e o antiviral Remdesivir.
HOSPITALIZADOSDado tal barullo impide confiar na serie de novos casos confirmados por PCR, a que primeiro nos debe alertar do repunte, fixar na serie de novos hospitalizados, a que nos debería alertarnos en segundo lugar.Tampouco aquí hai indicios dun rebrote.
Estamos a falar por tanto dun total de tres médicos e dous enfermeiros para atender o rebrote.Segundo os últimos datos do Goberno Gallego, este martes hai 24 casos activos entre as persoas maiores dese centro, trece máis dos que había o pasado venres.A residencia conta con 169 prazas, segundo a Xunta.
Con tres áreas sen cambios nas últimas 24 horas, case a metade das áreas galegas sofren este letargo nas súas cifras. A nota máis positiva da xornada é Ourense, que despois de experimentar onte o seu primeiro repunte desde abril, hoxe ve de novo rebaixados os seus algarismos: seis casos menos desde o luns. O repunte de Ourense foi mínimo: de 124 casos activos pasou a 127 -hoxe son 121-.
Onte faleceran 613 persoas segundo o Ministerio, pero hoxe son só 607. Dio o mesmo día que a Xunta informa de que xa houbo 614 mortos. De tolos, dificilmente pódese facer peor estatisticamente se as administracións aspiran a que a cidadanía confíe nelas..
O sindicato volve cargar contra a dirección do complexo hospitalario privado, ao que sinala como culpable de “mentir” tanto ao comité de seguridade e saúde do centro como á poboación encubrindo un caso de coronavirus que, segundo o sindicato, non notificou.
As cifras de Ourense publicadas hoxe polo Servizo Galego de Saúde revelan por primeira vez un aumento no número de casos activos este mes. O gráfico do coronavirus no resto de áreas baixa un pouco, salvo Lugo, que segue igual que onte. En termos xerais, Galicia segue freando o virus, pero cada vez máis amodo.
Bos datos o publicados domingo tras o inquietante repunte de novos positivos de onte. Só se confirmaron 7 positivos esta xornada. Ademais, a cifra de hospitalizados é unha das mellores de toda a serie histórica.