Unha cabina de luz ultravioleta capaz de esterilizar a roupa en segundos, ideada por unha empresa galega

A empresa galega GTG Enxeñeiros, especializada en Seguridade Industrial, presentou este mércores unha cabina de luz ultravioleta capaz de esterilizar pezas de roupa en menos dun minuto, un sistema deseñado para desinfectar roupa en establecementos comerciais.

|

A empresa galega GTG Enxeñeiros, especializada en Seguridade Industrial, presentou este mércores unha cabina de luz ultravioleta capaz de esterilizar pezas de roupa en menos dun minuto, un sistema deseñado para desinfectar roupa en establecementos comerciais.


Presentación das cabinas de luz ultravioletas deseñadas por GTG Enxeñeiros para esterilizar pezas de roupa e complementos.
Esta cabina, que foi presentada no Círculo de Empresarios de Galicia, con sede en Vigo, permite que estes negocios dean "tranquilidade" aos seus clientes, á hora de probarse a roupa e os complementos.

As cabinas, sinalou GTG Enxeñeiros, poden fabricarse a medida segundo as necesidades das instalacións onde se vaian a situar, e utilizan un proceso libre de substancias químicas, que non é corrosivo nin dana a roupa. Ademais, contan con sistemas de seguridade para evitar a presenza de persoas no seu interior mentres están a funcionar.

O conselleiro delegado de GTG, Pedro García-Trejo, explicou que as pezas "se desinfectan practicamente ao momento", permitindo ao comercio poñelas ao dispor dos seus clientes, sen ter que retiralas para que pasen unha corentena.

Ademais destas cabinas, a empresa deseñou o 'UV Box', unha especie de caixón esterilizador, que tamén utiliza a luz ultravioleta para desinfectar elementos máis pequenos, como accesorios ou complementos de moda. Ademais, tamén se pode adaptar para o seu uso en restauración ou clínicas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE