Só un ingreso no hospital e un falecemento en todo o sábado, indica a gráfica do coronavirus en Galicia

Bos datos o publicados domingo tras o inquietante repunte de novos positivos de onte. Só se confirmaron 7 positivos esta xornada. Ademais, a cifra de hospitalizados é unha das mellores de toda a serie histórica.


|

Bos datos os publicados domingo tras o inquietante repunte de novos positivos de onte. Unicamente confirmáronse 7 positivos esta xornada. Ademais, a cifra de hospitalizados é unha das mellores de toda a serie histórica. Con todo, mañá as noticias serán probablemente peores despois do brote detectado nunha residencia da Coruña.


En total, xa hai 11.014 persoas que deron positivo nalgún test de coronavirus en Galicia.





POSITIVOS


Delas, 9.105 deron positivo nas probas de PCR, incluídas as 7 de onte. O incremento é xusto a metade que o do sábado, cando este indicador subiu a uns niveis inquietantes.


A serie "novos positivos PCR" é a que primeiro nos alertará dun rebrote, pois a proba PCR agora fáiselle rapidamente a todos os sintomáticos e os seus contactos próximos. 


É de esperar que mañá este indicador suba bastante, pois só nunha residencia da Coruña acábanse de detectar 13 novos casos por esta vía.


Se abrimos o foco, fixándonos na media móbil a 7 días, vemos que Galicia leva tempo estancanda ao redor duns 7 - 10 casos confirmados diarios. Números que non supoñerían ningunha ameaza para o sistema, de non saber o rápido que é capaz de propagarse o coronavirus se non hai distancia social.




HOSPITALIZADOS E UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


Unicamente unha persoa tivo que ser ingresada o sábado con coronavirus. En toda a semana entraron no hospital 27 persoas.


Así as cousas, a media móbil a 7 días baixa a os 4 ingresados diarios. É a mellor cifra desde o incio do estado de alarma.


Se o indicador de "novos contagios PCR" non é capaz de alertarnos dun rebrote, saberémolo semanas despois a través do de novos hospitalizados. Por agora, ningún dos dous mostra indicios do temido repunte, a pesar de que o confinamento é moito menos estrito fai xa bastante tempo.


O índice de ocupación de unidades de coidados intensivos é a única mala noticia da xornada. Houbo un ingreso e ningunha alta, polo que hai doce casos activos na UCI. Con todo, a situación nas UCIs non é preocupante. No que vai de semana só ingresaron catro persoas en críticos.






RECUPERADOS E FALECIDOS


Acaba de morrer un home de 86 anos que tiña patoloxías previas e que permanecía ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). A cifra de falecidos elévase así a 614, aínda que cando a Xunta enviou os datos ao Ministerio para o informe diario, ás tres da tarde, eran 613.


Os decesos en residencias seguen sendo 132. Agora ben, os óbitos de persoas que vivían en residencias ou traballadores trasladados a hospital son outros 139. En total, as mortes vinculadas a estes centros supoñen sobre o 45% do total. De aí a maior preocupación que supoñen rebrotes como o da residencia herculina.


A cifra de novos recuperados, 32, é a máis reducida desde o 27 de abril. Isto pode estar influenciado pola fin de semana, cando hai menos actividade nos hospitais. Tamén porque quedan cada vez menos casos activos, 869 segundo a Xunta.


DATOS CORONAVIRUS EN ESPAÑA


Tampouco hai indicios de repunte nas cifras a nivel estatal. De feito, lvos 246 novos casos notificados hoxe en España é a mellor cifra desde o 8 de marzo, unha semana antes do estado de alarma. 





España conclúe a súa primeira semana con menos de 100 falecidos ao día. Onte pereceron 70 persoas con COVID-19.




Estados Unidos superará a marca dos 100.000 falecidos esta semana. Aínda que parece superar o pico da pandemia hai unhas semanas, suma xa máis de 97.000 decesos e engade uns 1.000 falecimientos diarios, aproximadamente.



Made with Flourish




S2584 hospitalizados diarios de coronavirus en galicia nbsp









Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE